O pasado 9 de xaneiro a presidenta da asociación para a defensa de mulleres e crianzas vítimas de violencia machista Ve-la luz, Gloria Vázquez, expuxo ante o pleno do Concello da Coruña unha dura crítica sobre a situación que se vive na Casa de Acollida municipal. Posteriormente a asociación publicou testemuños de ex-traballadoras e residentes que confirman a denuncia.

Comida escasa e insalubre, falta de bens imprescindíbeis e de asistencia psicolóxica adecuada, réxime de vida extremamente ríxido, prohibición de chamadas telefónicas, ameazas, extorsións, difamación, despedimentos de traballadoras como represalia por flexibilizar as duras condicións de vida, son algunas das queixas que expresan algunhas das mulleres que deron o seu testemuño.

Mais información e testemuños aqui.