Unha das malleiras foi divulgada nun vídeo en que se ve un axente atirando unha cadeira a un dos mozos deitados no chan. Os dous teñen múltiplas contusións e recibiron até sete puntos de sutura na cabeza.

 

Tres fotogramas da agresión, que foi grabada cun telemóbel

 

Segundo testemuñas presenciais, podería ter habido motivacións xenófobas na malleira. De feito, a Fiscalía investiga se se trata dun delito de odio.  O incidente comezou fora do bar, cando os dous detidos se negaron a entrar despois de a policía ter comparecido a seguir unha chamada dos veciños. A propietaria do bar explicou que “estaba limpando no momento de fechar o local cando entrou de repente un axente da policía asañándose co xoven despois de discutiren na porta”. Precisamente, nun momento da grabación óuvese como o mozo tenta convencer o axente, sen éxito ,para que paren as pancadas. Os dous mozos tiveron de ser atendidos no servizo de Urxencias do Hospital Arnau de Vilanova, onde recibiron até sete puntos de sutura na cabeza.

A responsábel politica do corpo policial, a concelleira de seguranza cidadá da Paería, Sara Mestres, non quixo valorar os métodos utilizados polos axentes até non dispor do informe xudicial. Tampouco se abrirá expediente, de momento, a ningun dos policías implicados apesar das imaxes. Mestres alegou que antes foran ameazados e agredidos, e foi nesa altura cando comezou “unha agresividade mutua”. En sinal de rexeitamento a estas afirmacións e contra a impunidade policial, unhas trinza persoas concentráronse onte pola tarde diante da comisaría da Urbana en Prat de la Riba.

Un corpo con antecedentes

Non é o primeiro caso polémico que pon a Guàrdia Urbana de Lleida no punto de mira. Hai pouco máis dun ano, un xoven independentistas de 16 anos denunciou o corpo por o perseguir e agredir encanto colaba cartaces en favor da independencia. La Paeria negou todo e acusou o xoven de facerse el mesmo as feridas ao caer cando botou a correr despois de ver os axentes e non foron depuradas responsabilidades.

Aliás, en maio de 2016, un cabo e dous axentes da Guàrdia Urbana sentaron no banco dos acusados por unha agresión e por pór unha denuncia falsa contra os propietarios dunha gasolineira, inventando que os agredira, segundo determinou a Fiscalía. Ainda que as imaxes captadas polas cámaras de seguranza mostraban a agresión, os tres policías foron absolvidos. A acusación particular pedía até un ano de prisión e oito de inhabilitación, ao considerar que os axentes tamén eran autores dun delito de detención ilegal.

XAVI BOSCH

Fonte: Directa