O Col·lectiu Praga denunciou ao comisario dos Dereitos Humanos do Consello de Europa as vulneracións de dereitos fundamentais en Catalunya vinculads ao referendo de autodeterminación do primeiro de outubro do ano pasado. Seiscentos cincuenta xuristas suscriben a denuncia e critican que o estado español taña menosprezado o Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.

 

 

Na queixa enuméranse os dereitos vulnerados: o dereito de libre expresión, o de reunión, a prohibición de tratos degradantes, o dereito de sufraxio e de ser elexido, de non ser discriminado por opinións políticas, de liberdade, de ter un xuiz imparcial e un proceso con todas as garantias procesuais, o principio de legalidade, a dobre instancia no ámbito penal e o dereito de preparación da defensa.

Tamén fan unha descripción dos feitos anteriores e posteriores ao referendo e durante a xornada do 1-O. Argumentan todas as situaicón e casos en que entenden foron vulnerados estes dereitos.

Ver aqui o texto en inglés e en español.

Fonte: Vilaweb.