Protesta convocada pola Mesa

Protesta convocada pola Mesa | Fonte: A Mesa

Este servizo público, aínda que se preste en forma de concesión, está suxeito á Lei 5/1997 da administración local. No seu artigo 7.1 afírmase que “o galego, como lingua propia de Galicia, é o tamén da súa Administración local. […] todo os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega”.

Así mesmo, a Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística,  indica no seu artigo 4.1 que o galego é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma e da súa administración; e o artigo 6.3 do devandito texto legal insta os poderes públicos de Galicia a promoveren o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns.

Obriga de atender en galego

“Desde a Mesa instamos a que o goberno municipal cumpra coas súas obrigas legais e vixíe as empresas concesionarias de servizos públicos para que acaten estas normas”, apunta a entidade nun comunicad. Para o presidente da entidade en defensa e promoción do galego, Marcos Maceira, deberíase sancionar as empresas que vulneren a lexislación e discriminen veciñas e veciños que desexan ser atendidos en galego.

“A Mesa solicitará unha xuntanza coa xerencia de EMVSA para aclararlle as obrigas legais ás que está sometida e preguntar os motivos que ocasionaron esta discriminación contra unha persoa polo simple feito de falar galego”, conclúe Maceira.

Fonte: Galicia Confidencial