O próximo pleno do Concello de Ourense debaterá unha iniciativa de Democracia Ourensana que reclama a creación dunha comisión de investigación que avalíe o funcionamento da Policía Local. O partido divulgou onte un comunicado en que falan de casos de violencia policial. ‘Foron confirmados con lesións certificadas polo SERGAS e existen varias testemuñas ao respecto do uso de violencia inxustificada”, din. Tamén denuncia que un dos supostos agresores é un axente condenado por deixar sen efecto multas impostas a familiares e amigos. Democracia Ourensana asegura que o goberno local non tomou medidas para solucionar a situación denunciada.
.
Gonzalo Pérez Jácome, dirixente de Democracia Ourensana