A instancias de Empatik Films, o CineClube Padre Feijóo, en colaboración con  EsCULcA – Dereitos e liberdades, programa  a proxección do premiado documentario La Cifra Negra (84 min.), dirixida por Alex Payá, ás 20:30 horas da próxima quinta-feira (dia 14) no salón de actos da Biblioteca pública #CasaDaCultura de Ourense. A entrada é de balde e a presentación do documentarioi correrá a cargo de Fernando Blanco Arce, vice-presidente de EsCULcA.
Resultado de imagem para la cifra negra
En que condicións se tortura en España? Por que costa tanto denuncialo? Que consecuencias ten para as vítimas e para quen vulneran a lei? Vítimas, avogados, xuíces, policías, defensores dos dereitos humanos e outros expertos analizan as súas causas e apuntan posibles vías de superación dunha lacra que pon en dúbida o noso Estado de dereito.
En que condicións se tortura no Reino de España? Por qué custa tanto denunciar torturas? Que secuelas deixa nas vítimas a tortura? Ten consecuencias para os torturadores? Vítimas, advogados, xuiízas, policías, activistas dos dereitos humanos, especialistas en psiquiatría… analizan as causas desta lacra social e sinalan posíbeis vías de superación dunha práctica cruel que pon en causa os alicerces mesmos do estado de dereito.
    Premio mellor filme no Festival de Dereitos Humanos de Donosti (2018)
    Quinta-Feira 14 de xuño 2018
    EXTRA DO Cineclube Padre Feijoo
    LA CIFRA NEGRA
    2018. 84 min
    Director: Alex Payá
    Proxección (única) ás 20.30
    Biblioteca Pública de Ourense-CASA DA CULTURA DE OURENSE
    Actividade gratuita até completar aforo
    Non recomendada para menores de 16 anos