Aliás, a asociación lembra que non é legal confiscar esteladas, xa que hai unha sentenza dun xulgado de Madrid que ampara a súa exhibición en recinto deportivos, polo que anuncia que tamén investigará casos en que a bandeira pudese ter sido apreendida.

No pasado sábado, seguidoras e seguidores blaugranas viron como axentes da policía española e dos servizos de seguranza do estadio Wanda Metropolitano  lles confiscaban camisolas amarelas, esteladas e faixas alusivas á prisión de dirixentes da Catalunya argumentando que non podían entrar con símbolos políticos no campo.

Fonte: El Nacional