O proceso de centralización que sufriu a Internet nos últimos anos serve de punto de partida a esta obra, que achega as chaves para entendermos a rede como o medio máis potente de vixilancia que xamais teña existido. Con dous interesantes entrevistas a Julian Assange e a Noam Chomsky, e con abundantes datos e exemplos que ilustran a vixilancia masiva, completa a análise das axencias estatais e os servizos de intelixencia, cuxa actividade exerce un control exhaustivo sobre cada un dos cidadáns a nivel planetario. Unha actividade en que as grandes empresas entran en conivencia cos estados (en especial con Estados Unidos), para seguiren os nosos pasos, sen que sexamos conscientes diso. “Computadores xigantes filtran cada día decenas de millóns de correos electrónicos, de SMS, de intercambios por Skype, WhatsApp, Facebook”, isolan automaticamente, mediante os números de teléfono ou as direccións IP, os intercambios que levan a cabo as persoas elixidas. Un programa recoñece a voz, outro traduce (…). Desta maneira, críbase todo o tráfico de datos, país por país. Hai programas que inspeccionan, mediante palabras chave, todas as conversas por correo electrónico, Facebook ou Skype; outros analizan millóns de metadatos”, escribe. (Sergio Hinojosa)