Imaxe: Radio Cerna                                                                                Imaxe: Radio Cerna

Vén de saír de prisión após 5 semanas en prisión por unha neglixencia que calcinou unha hectárea nunha finca familia nos Blancos. “Sentes rabia. Sei os meus dereitos e pisáronmos”, confesa nunha entrevista nunha entrevista en Radio Cerna, de Adega. Unha conversa marcada pola recomendación do avogado de non entrar en detalles concretos en torno ao caso polo que está acusado e que lle `poden supoñer até 5 anos de prisión.

“Estou bastante indignado”, afirma Miguel, facendo recordo destas semanas, da súa detención, das acusacións que penden sobre el. Recoñece que lle encheu de “orgullo” enteirarse desde prisión que compañeiros do movemento ecoloxista estaban a dar a cara por el. “Levo no MEL (Movemento ecoloxista da Limia) desde os 18 anos e teño agora 58”, aponta.

Afirma que nunca imaxinou que o pequeno fogo que fixo para quentar un chourizo acabase derivando en todo isto. Un lume dunha hectárea nunha finca familiar, unha detención, 5 semanas no cárcere… “A peor experiencia da miña vida”, recoñece. Lembra que foi detido por varios axentes na rúa cando paseaba o seu can e que sufríu dous infartos, polo que tivo que recibir atención hospitalaria.. “Sintes rabia. Sei os meus dereitos e pisáronos”, indica.

Preguntado sobre as declaracións de Feijóo (que insinuaba que estaba detido por “algo máis”), Miguel afirma descoñecer a que se pode referir o presidente da Xunta. Anoxado, convída Feijóo a concretar a que se refire. “Que o diga”.

Fonte: Sermos Galiza