Sen aínda ter aberto oficialmente a txosna de Hontzak recibiu a visita da Ertantza que retirou a decoración, O Bispado emitiu un comunicado en que asegura que estudará accións legais contra a montaxe “Carnicerías Vaticanas”  ao entender que é unha «agresión» que «ofende sentimentos profundos e crenzas relixiosas arraigadas en boa parte dos habitantes de Bilbo e Bizkaia». Na montaxe vese Cristo crucificado e unha carnicería con diversas partes do corpo humano acompañado de lemas como «Tomade e comede, este é o meu corpo».

O Bispado solicitou «o amparo e a intervención» das institucións «responsabeis de velaren polo respecto ao dereito fundamental ás propias crenzas relixiosas, en aras da promoción do valor básico da convivencia social en paz e en harmonía».

O Xulgado de Instrución número 3 de Bilbo foi o que ordenou á Ertzaintza a retirada da decoración da txosna de Hontzak, como pediu o Bispado.

Ler máis.