Con data de rexistro 25 de xuño, Fernando Blanco Arce, en nome e representación de EsCULcA, dirixiu escrito ao Concello da Coruña en que solicita información sobre as actuacións policiais desenvolvidas por axentes da Policía Local da cidade e do Corpo Nacional de Policía o pasado 23 de maio deste ano no decurso do despexo das instalacións da Comandancia de Obras onde tiña a súa sede o Centro Social Autoxestionado TRANSPARENCIA. Blanco Arce precisa que non existe causa de restrición á información solicitada e que esta resulta necesaria para o desenvolvemento do labor de recompilación de dados que leva a cabo o Observatorio.

 

Resultado de imaxes para a insumisa coruña

 

En concreto, EsCULcA solicita copia do vixente regulamento de funcionamento e organización interna da Policía Local da Coruña así como data e órgao de aprobación do mesmo, instrución operativas vixente da Policía Local en materia de medios e dotacións regulamentares de defensa e utilización dos mesmo, con especial atención ás instrucións ou regulamentacións internas de posesión e utilización de bastóns policiais extensíbeis, seccións policiais autorizadas para os portaren e rexistro da súa posesión e normas de utilización.

Tamén solicita Blanco Arce copia das normas operativas ou regulamentación internas en materia de utilización de defensas de goma ou semellantes e de utilización de sprays de defensa de uso químico (gas pementa ou similares).

Por outra parte, o representante do Observatorio demanda tamén cópia da instrución operativa interna impartida pola concellaría competente vixente para a actuación da Policía Local para a tomada de posesión das devanditas instalacións o día 23.05.2018. Solicitude a Alcaldía ou Consellaría competente para o apoio e reforzo pola Policía Nacional do mencionado operativo.

Escrito ao Concello da Coruña

Rexistro