Arona Diakhaté —migrante de orixe senegalesa, de 38 anos, espancado brutalmente pola policía durante os incidentes de Lavapiés- recibiu a alta médica a última hora da mañá do sábado. Segundo testemuñas presenciais, Diakhaté, despois da malleira, non foi levado logo a un hospital como requería o seu estado, senón que a propia policía o meteu nun portal para despois o conducir, alxemado, no furgón policial à comisaría.

 

Agentes de la Policía Nacional trasladan a un senegalés herido de un porrazo en Lavapiés (Olmo Calvo)

 

 

 

O migrante foi duramente espancado e caiu no chan. Cando xa estaba deitado no chan os axentes continuaron mallando nel con violencia, como se aprecia neste vídeo divulgado na pasada quinta feira através dasredes sociais. A agresión produciuse sen mediar provocación algunha. Por causa das pancadas, Diakhaté ficou inconsciente e varios axentes que chegaron por detrás recolléronno e conduzíronno a un portal da rúa do Oso. Máis tarde o manifestante foi levado ao hospital da Fundación Jiménez Díaz.

Laudo médico: Ferida producida por obxecto duro e descoñecido

Quince puntos na cabeza, dúas contusións. Traumatismo craneoencefálico, con hematomas internos, mais sen risco de lesión neuronal. Fixéronlle dous escáners e os médicos decidiron deixalo en observación durante as primeiras 24 horas. 

No laudo médico tamén se explica que Diakhate ten unha ferida na cabeza por pancada con “obxecto duro e descoñecido” ..

 

Informe médico de uno de los heridos en los disturbios de Lavapiés

Segundo se soubo despois, os servizos de emerxencia non o incluíron na lista de 20 persoas feridas facilitada aos medios de comunicación.

Fonte: Público e El Diario