A principios deste mes, The Sun Herald informou de que as autoridades educativas retiraran a novela To kill e mockingbird (É pecado matar un rouxinhol, en versión portuguesa), o clásico de Harper Lee sobre o racismo no sur de Estados Unidos, do plano de estudos do equivalente a segundo curso de secundaria alegando que a linguaxe utilizada “incomoda a xente”. Agora os estudantes da cidade de Biloxi (Mississipi) poderán finalmente lelo con permiso dos pais.

 

Matar a un ruiseñorImaxe do filme To Kill a Mockingbird, protagonizado por Gregory Peck no papel de Atticus Finch (1962)

Nun correo ao xornal, un lector sostén que a razón para a retirada do libro é o uso da palabra “nigger” (versión insultante da palabra negro). A nai que se queixou do libro declarou nunha reunión da xunta escolar que os estudantes “se estaban rindo a gargalladas” pola palabra.

“Non hai unha forma mellor de ensinar eses anos e os horrores cometidos durante eses anos que provocar as gargalladas en clase cando se pronuncia a palabra en cuestión?”, preguntábase Yolanda Williams. “Non debería ser de lectura obrigatoria para todos os estudantes. O meu fillo non se tería que sentar nunha clase como esa”, engadiu.

O superintendente das escolas públicas de Biloxi, Arthur McMillan afirmou posteriormente que, aínda que xa non se esixía a lectura do libro, este seguía disponíbel para os estudantes.

“O libro non se prohibiu”, asegurou. “Non se lle quitou este libro aos estudantes nin tampouco se violou ningunha política educativa. Aos estudantes ségue dándoselles a oportunidade de ler e estudar esta novela”, engadiu.

The Sun Herald informou a semana pasada que o director de secundaria de Biloxi, Scott Powell, escribiu aos pais dos alumnos de segundo de secundaria para dicirlles que a partir de agora os profesores “ofrecerán aos estudantes interesados participar nun estudo en profundidade da novela durante clases programadas en horario escolar, así como en sesións opcionais extraescolares”.

Os alumnos interesados en estudar o libro de 1960 gañador do Premio Pulitzer e a película de 1962 gañadora de varios Óscar protagonizada por Gregory Peck facendo o papel de Atticus Finch -o avogado que defende un afroamericano acusado de violar a unha muller branca durante os anos da depresión en Alabama- necesitarán unha autorización asinada por un pai e un profesor, segundo establece o comunicado de Powell. Aos estudantes que non queiran ler o libro asignaráselles un título alternativo.

Lee morreu o ano pasado aos 89 anos logo após a publicación doutra novela que describe os acontecementos ficcionalmente acontecidos após o tempo do seu primeiro romance e que tamén aborda o tema do racismo, algo que incomodou a moitos lectores modernos.

A decisión de Biloxi de retirar To kill a mockigbird do currículo escolar -despois doutros casos similares en EEUU- desencadeou protestas a nivel nacional e chegou aos titulares en todo o mundo.

Jennifer Riley Collins, directora executiva do American Civil Liberties Union (ACLU) de Mississippi, afirmou nun comunicado: “Nun Estado como Mississippi, onde aínda hoxe seguimos sufrindo inxustizas raciais e discriminación, é fundamental que os nosos estudantes teñan a oportunidade de enfrontarse aos temas que se presentan en To kill a mockigbird“.

Nunha carta á xunta escolar de Biloxi, a casa Museo Mark Twain en Hartford, Connecticut, ofreceu a súa axuda no ensino de grandes libros que utilizan unha linguaxe difícil e que abordan actitudes que hoxe parecen desfasadas. O libro de Twain Adventures of Huckleberry Finn, publicado en 1884, tamén estivo rodeado de polémica pola súa actitude respecto de certos temas, a súa linguaxe e a presenza dun personaxe chamado Nigger Jim.

“A gran literatura incomódanos”, reza a carta. “Cambia a nosa forma de pensar, forzándonos a analizar as nosas posicións”.

Fonte: eldiario.es