Resultado de imagem para centro antonio prieto granada

“As mulleres vestían un traxe de baño que lles cubría todo o corpo. A socorrista pediulles que saísen da piscina porque incomodaban coa súa indumentaria unha señora que estaba bañándose, ao que elas se negaron. Deseguido, veu outra persoa de máis autoridade (tiña algo que ver con “atención ao cliente”) que, aos berros, díxolles que se fosen.

Unha testemuña dos feitos, que nadaba na piscina deportiva contigua, achegouse ao advertir o que acontecía.

“O espectáculo era deprimente: que se estaban a molestar, que a súa roupa non era hixiénica, que non podían estar alí”. As mulleres saíran da piscina mais negábanse a marchar argumentando que preguntaran expresamente e dixéranlles que podían utilizar o seu traxe de baño, que non era a primeira vez que se bañaban alí e que nunca tiveran ningún problema”.

“Inmediatamente veu outra persoa de máis autoridade (esta vez era un home, o responsable deportivo ou algo así) que, con algo máis de calma que a súa compañeira, díxolles que non podían bañarse con esa roupa porque non é hixiénico e impídeno as normas”.

“A estas alturas eu xa interviñera en calidade de usuaria do centro que estaba a presenciar un acto discriminatorio. Ao pedir explicacións por esas normas contestoume que as teñen as piscinas que queren telas e que é cuestión de hixiene”.

“Eu díxenlle que as mulleres vestían un traxe deseñado e utilizado exclusivamente para o baño e que, por tanto, o argumento da hixiene non se sostiña. Á saída do centro pedín en recepción que me mostrasen as normas mais non o fixeron”.

“Hoxe souben que nas piscinas municipais pode facerse uso expresamente deste tipo de traxes de baño. Por tanto, non só se cometeu un acto discriminatorio, senón que tamén se actuou en contra da normativa municipal.

Cando en setembro, no mesmo recinto, situado na Avenida Federico García Lorca, tres usuarias foron expulsadas polo mesmo motivo, o Concello de Granada esclareceu que “non hai restrición normativa algunha para o uso desta peza na normativa municipal nin na da concesionaria, por iso debe readmitirse e permitir que as usuarias coa devandita peza utilicen as instalacións sempre que non haxa outros criterios de seguranza ou hixiene que o limiten”.

Fonte: El Independiente de Granada