Seis activistas enfroóntanse a 17 anos de prisión sob acusación de agrediren un grupo de neonazis. O agravante para delitos de odio que queren aplicarlles equipara xurídicamente os dous colectivos situándoos nun plano de igualdade que a mesma norma pretendia reverter.

Eric e os seus compañeiros afrontan a petición de tres cargos graves e tres leves. Polos graves, cinco anos de prisión por cada lesión; polos leves e por danos a un bar, dous anos máis. En total, 17 anos de prisión. “É unha petición totalmente desproporcionada polos feitos de que somos acusados”, afirma Èric. Dase a circunstancia de que un dos denunciantes foi condenado por ter atacado no ano 2002 a casa dun familia magrebí en San Vicenç de Castellet. Apesar de os atacantes proferiren berros como “moros de mierda” ou “vamos a matar a los moros”, non lles foi aplicado o agravante de racismo.

O proxecto Crimenes de odio: memoria de 25 años de olvido recolle unha “investigación incompleta das vítimas do odio” no Estado español do 1990 ao 2015. Utiliza definicións da Organización para a Seguranza e a Cooperación en Europa (OSCE) e da Comisión Europea Contra o Racismo e a Intolerancia para falar de incidentes, discursos e crimes de odio. Inclúe 86 asasinatos, dos cales 37 aparecen reunidos sob o concepto racismo e xenofobia; dous, como homofobia; un, como islamofobia; dous como transfobia, e seis como odio ideolóxico. Se se analisan os pormenores, compróbase que aproximadamente a metade do total de asasinatos foron perpetrados por fascistas.

As agresións que Èric denuncia cada 12 de outubro multiplicáronse no mes de outubro de 2017. O motivo: o proceso independentista catalán. As vítimas: todas as persoas que non sexan ou pensen como os fascistas. Desde o referendo do 1º de outubro, tiveron lugar tres grandes mobilizacións españolistas o 8,  o12 e o 29 de outubro: en todas houbo agresións fascistas contra, sobretodo, persoas racializadas, en especial vendedores ambulantes. Mais as agresións estendéronse contra todas as persoas que non fosen como eles, desde quen non lles seguía a corda españolistas cantando cánticos fascistas, até xornalistas, traballadores que pasaban por ali ou militantes sociais.

Encanto as mobilizacións antifascistas son fortemente controladas e amiúde reprimidas, os grupos de extrema dereita puderon ameazar e agredir Mossos d’Esquadra sen consecuencias. Especialmente grave é o apuñalamento de dúas militantes libertarias na sexta feira 27 de outubro en Gràcia, diante da pasividade policial dos Mossos; foi o mesmo día que atacaron Catalunya Ràdio e unha escola. A todo isto compre acrescentar que en todas as mobilizacións unionistas, fosen grandes ou pequenas, houbo agresións deste tipo, que mesmo tiveron lugar despois da manifestación antifascista da segunda feira 30 de outubro, que precisamente denunciaba estas agresións e a impunidade.

A avogada penalista Laia Serra é especialista en discriminación e delitos de odio. Son os que teñen unha componente de discriminación, que se perpetran contra determinadas vítimas polos seus trazos identitarios e en que, ademáis, a chave está en que se atenta contra unha persoa ou colectivo concreto mais se lanza unha mensaxe xeral. Serra esclarece que cando alguén agrede unha muller lésbica na rúa, non só atenta contra a súa integridade física e moral pola orientación sexual, senón que lanza unha mensaxe ao colectivo: “Non vos queremos, estamos nunha posición de superioridade porque entendemos que é lexítima a violencia, eu escarméntote, ti e o teu círculo deixaredes de vos manifestar, vivir e pronunciarvos con normalidade dacordo coa vostra orientación sexual”, explica Serra.

“Até agora, non se daba importancia aos delitos de odio, porque había miopía xurídica como se o móbil fose inocuo”, afirma a avogada. E acrescenta que non se tiña en conta que iso atentaba contra a identidade, de maneira que non se daba valor ao mal social provocado pola rotura da convivencia e da mensaxe que se enviaba. Até hai pouco non se entendeu que “todo acto de violencia é un acto comunicativo” para valorar tamén a dimensión e o dano social.

O código penal contén un artigo que contempla o agravante de discriminación por motivos racistas, antisemitas e outras clases de discriminación ideolóxica. Para Serra, na aplicación deste artigo hai unha “discusión xurídica importante” e no uso contra antifascistas considérao unha “perversión xurídica”. A premisa de toda lexislación antidiscriminación é que a organización social xera colectividades en posición de desvantaxe e que por iso merecen unha especial protección para correxir a desigualdade, que se traduce en menos dereitos e menos visibilidade.

“Se aplica o agravante do 22.4 a quen se atribúe o ataque aos fascistas, estamos diante dun contrasentido. Os fascistas que propugnan esta desigualdade, o rotura da convivencia e as mensaxes que atentan contra a dignidade e a igualdade, han de ser tutelados desta maneira?”, pregúntase. E conclúe: “Non, non está xustificado tutelar a extrema dereita”. Entendo que a legalidade nunca poderá xustificar o uso da violencia, mais hai que separala da aplicación de delitos ou agravantes de odio para protexer determinados colectivos “que non o merecen”. “Sempre os delitos de odio son perpetrados por parte dunha maioría contra unha minoría en sentido desigual”, acrescenta.

A profesora de filosofía Fina Birulés coincide. Na súa aparición no documentario de Metromuster 12 de outubro: cultura do odio e lexítima autodefensa, expón que “a violencia daqueles que agriden con motivos racistas ou xenófobos, homófobos, que agriden o outro por ser o outro, pretende eliminar a visibilidade e a posíbel liberdade destes individuos agredidos”. Para Birulés, a violencia “que reacciona, que actúa diante da necesidade de frear esta primeira violencia”, pode ser considerada unha violencia que se quer “responsábel politicamente”, que quere alargar o espazo público, de maneira que as actividades dos neonazis sexan fortemente penalizadas. Entendo que fascistas e antifascistas non son dous grupos que se moven violentamente con ideas diferentes e o mesmo tipo de violencia, senón que no segundo caso hai unha dimensión dunha certa responsabilidade política, e que é neste sentido que compre xulgalos e comprendelos. “Coa idea de condenar calquera tipo de violencia perdemos a idea de matizar diversas formas de violencia”, di a filósofa.

Sábado 11 de novembro ás 12 do mediodía arrancará desde os Jardinets de Gràcia de Barcelona unha manifestación de apoio a Èric e as súas compañeiras, serán xulgadas os próximos 15, 22 e 29 de novembro. Non se ten constancia de ningunha detención polas agresións fascistas do mes de outubro de 2017, apesar de moitas delas teren sido grabadas con vídeo e difundidas nas redes.

Fonte: La Directa