O estado español, xuntamente con Polonia, é o único estado da UE que aparece na listaxe. O resto de estados son Rusia, Irán, China, Cuba, Israel, Venezuela, a India, Turquía, Nixeria, Malaisia, o Paquistán, o Marrocos e Bangla Desh. Tamén aparecen os Estados Unidos.

A publicación do relatorio coincide coa entrada en prisión do rapeiro Vàltonyc. De feito, un 66% dos casos documentados por Freemuse no estado español están relacionados con rapeiros. O relatorio lembra que os tribunais aproveitan a lexislación antiterrorista para condenar persoas por ‘terrorismo’ polo carácter artístico das súas expresións, en referencia á actualización de 2015.

Fonte: El Nacional