O Reino de España perde posicións en termos de paz por causa da actuación do estado na Catalunya como resposta ao procès. Así o revela un relatorio de Global Peace Index que situa o estado español nunha das cinco maiores quedas do mundo en termos de pacifismo en apenas un ano: cae da posición 20 do mundo á 30 polos atentados do 17-A mais tamén polas “tensións políticas internas”, quer dicir, a crise constitucional.

 

1-O referendum policia Nacional - Sergi Alcazar
Por vez primeira na historia do Index, un estado da Europa occidental experimenta un dos cinco deterioramentos máis importantes ao caer 10 lugares no ránquing.

 

 

Unha queda sen precedentes no caso dun país europeo. Neste sentido, o relatorio salienta que “por vez primeira” un país da Europa occidental experimenta unha das cinco quedas máis importantes en termos de paz. Pasa do lugar 20 ao 30, unha queda que nin sequera é proporcional á perda xeneralizada que, segundo o Index, se produce en Europa.

 

 

Deteriorament pau a Espanya / EN

O extenso documento pon de relevo que, alén do “aumento do terrorismo” -en clara referencia aos atentados de Barcelona- a causa do aumento do conflito é a tensión ‘elevada’ en relación co referendo catalán do 1-0.

“Man dura do Estado”

A resposta  do estado na xestión do referendo, a “mán dura” do goberno español segundo o relatorio, é unha das causas da perda da situación de paz. Por outra parte, tamén sinala a plicación do artigo 155 e a convocatoria forzada das eleccións do 21-D.

Ademais, Global Peace Index preocúpase polo auxe de sentimentos politicos totalmente opostos e “entrincheirados”, considera que a medida que crece o independentismo, tamén o fai o sentimento patriótico español, o que ven como un preaviso da polarización no país.

Neste sentido, o relatorio tamén sinala que o 1-0, as manifestacións e a declaración unilateral do Parlamento son causa dunha ‘polarización’ na Catalunya.

O custo da violencia: 147.495 millóns

A violencia non sae de graza. Este é outro dos datos que revela o Index, que sinala que a violencia tivo un custo económico de 147.495,5 millóns de euros no pasado ano no Reino de España. Iso equivale ao 5% do PIB, ou a 1.671,70 euros por habitante. en l’últim any a Espanya. habitant.

O Global Peace Index (índice de paz global) é un indicador que se encarrega de medir o nivel de paz de países de todo o mundo e tamén das rexións. É elaborado anualmente polo Instituto para a Economía e a Paz, anexo á Universidade de Sidney e á Unidade de Intelixencia do xornal The Economist. 

Fonte: El Nacional