Fernando Grande-Marlaska, ministro español do Interior, restou validez ao relatorio de Lakua que cifra en máis de 4.000 os casos de tortura sufridos por cidadá/ns da Comunidade Autónoma Vasca. «Non hai resolucións xudiciais que digan 4.000 ou 5.000. Se queremos podemos xerar as verdades, mais afágase á idea de que a verdade é a verdade xudicial», sinalou en resposta a preguntas da deputada de EH Bildu Marian Beitialarrangoitia.

 

Resultado de imaxes para grande-marlaska

 

O ministro español do Interior, Fernando Grande-Marlaska respondeu ás preguntas da deputada de EH Bildu Marian Beitialarrangoitia, que lle lembrou que durante a súa etapa de xuíz da Audiencia Nacional acumulou grande parte das denuncias por torturas. O ministro matizou que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) sancionou o Estado Español «non por torturas senón por non investigar de forma exhaustiva». Contodo, Estrasburgo tamén condenou o Estado español e confirmou o «tratamento inhumano e degradante» sufrido por Igor Portu e Mattin Sarasola durante a detención sufrida en 2008 por orde do propio Grande-Marlaska, tal e como lle lembrou a propia deputada.

«Máis de 200 persoas que testemuñaron ante vostede denunciaron torturas, cuxa veracidade certificou o protocolo de Istambul, e pídenlle recoñecer o dano causado. Xa son máis de 4.000 os casos certificados polo Goberno de Lakua e mesmo poderían ser moitos máis», dixo Beitialarrangoitia. Contodo, o ministro sinalou que «hai relatorios que poden dicir 4.000, 5.000 ou 6.000, poderame dicir o que queira, mais xa lle digo que non. Non hai resolucións xudiciais que digan 4.000 ou 5.000. Se queremos podemos xerar as verdades, pero afágase a que a verdade é a verdade xudicial».

Nese sentido, defendeu a actuación do FSE cos detidos. «A Garda Civil e a Policía Nacional foron os elementos principais, coa sociedade, para terminar con ETA, e fíxose coa aplicación da lei e o Estado de dereito. Iso é así, que non o esqueza ninguén», defendeu, aceptando que «puido haber algún exceso mais que sempre foi investigado e sancionado polo Estado de dereito». «Esquecer», concluíu.

Beitialarrangoitia tamén lle lembrou o caso de 40 mozos vascos, absolvidos en segunda instancia ao considerar o xuíz que anteriormente non se tomaran medidas para evitar as torturas. «Por certo, ese xuíz era vostede señor Marlaska», engadiu. Nese cadro, a deputada soberanista reclamou o recoñecemento de «todas as vítimas, as de ETA e as outras».

Do mesmo xeito, lembrou o caso de Beatriz Etxeberria, que fixo público o relato das torturas sufridas en 2011 durante o período de incomunicación establecido polo propio Grande-Marlaska. O ministro sinalou que «non podemos esquecer que a ETA lle foron confiscados papeis onde un dos elementos era denunciar torturas nada máis ser detidos, aínda que isto non implica que non se producisen algúns excesos».

A portavoz de EH Bildu no Congreso, na comisión de Interior, instou a achegar os presos políticos vascos a Euskal Herria e criticou que «nin sequera se contemple a progresión de grao».

Fonte: Naiz