Dous anos despois da asinatura do tratado da Unión Europea e a Turquía para impedir a chegada de persoas refuxiadas a Europa, La Directa explica como afectou ese tratado as persoas que chegan ás illas gregas e en que situación se encontran agora.

 

 

Hai dous anos formalizábase o acordo entre a Unión Europea e o Goberno turco para impedir a chegada de persoas refuxiadas a terras europeas. O tratado pretendía cortar de raiz o fluxo de xente que accedía ás illas gregas do Exeo através da costa turca, convertía illas pequenas como Lesbos, Quios ou Samos en prisións xeográficas de onde as recén chegadas non poderían sair até non recibiren resposta á solicitude de acollemento e regularizaba a deportación a Turquía de todas aquelas a quen fose denegada a solicitude de protección internacional.

430 días despois da aplicación dun acordo que supuxo a expulsión a Turquía de máis de 2.000 persoas a quen se denegou asilo, as autoridades turcas lideradas polo autócrata Recep Tayip Erdogan recibiron 6.000 millóns de euros para facer o traballo suxo da UE e encarregarse da externalización das súas fronteiras con man de ferro. A finais de 2017, unha sentenza do Tribunal Supremo de Grecia validou finalmente a deportación de persoas de nacionalidade siria á Turquía, e desde ese momento hai como mínimo cinco casos de sirios que foron obrigados a voltar a terras turcas desde as illas gregas, segundo fontes internas da ACNUR.

Cando as persoas a quen se recusou a solicitude de asilo son enviadas a Turquía, o futuro que as espera é un furado negro en centros de internamento de migrantes, onde poden estar incomuicadas durante como mìnimo seis meses ou un ano inteiro sob un réxime de encerramento absoluto. No seu interior, a falta total de garantías xurídicas, o tratamento vexatorio e as agresións son o pan de cada día, mais a UE fecha os ollos e varre para Turquía as persoas migrantes que non son recoñecidas como refuxiadas o arquipélago de illas gregas do Exeo. Apesar de o número de deportacións ser menor do que se esperaba nun principio, en illas como Lesbos hai unha media de 15 persoas que son devoltas a territorio turco cada semana, sinala a avogada Lorraine Leete membro da equipa legal Lesbos Legal Center.
As rotas de fuxida continúan concorridas

Contodo, e apesar das patrullas de axentes garda costas turcos que percorren a costa para impediren que a xente refuxiada chegue a Grecia, o número de persoas que arriscan a vida para cruzar o mar con enbarcacións precarias e chegar ás illas helenas aumentou en grande medida desde a primavera de 2017. Só desde o inicio do 2018, segundo datos da Organización Internacional para as Migracións, 3.562 persoas entraron no territorio grego por vía marítima, “mais o goberno grego ainda non ten capacidade para xestionar como compriría as infraestruturas de acollemento”, subliñan fontes internas da ACNUR.

 

Interior dun edificio abandonado na illa de Lesbos, onde diversos refuxiados viven en tendas de campaña / Selene Ena

 

Ainda así, no todos conseguen dar o salto: catorce persoas morreron afogadas cando a barca de madeira que as transportava á illa de Agathonissi naugragou a medio camiño. Dous anos despois, o Acordo UE-Turquía non deixa outras alternativas. Na zona, os cruceiros pasean turistas endiñeirados que desfrutan da brillantez do Mediterraneo, mais as persoas que foxen da guerra e procuran protección internacional non teñen outra alternativa que marchr da Turquía de maneira clandestina, en enbarcacións precarias proporcionadas por grupos de traficantes de persoas que se enriquecen e enriquecerán na medida que os obstáculos para chegar a territorio europeo persistiren.

Grecia, un funil

Nesta altura,despois do fechamento das fronteiras dos países dos Balcáns en febreiro de 2016 e a posta en marcha do acordo UE-Turquía no 20 de marzo de 2016, Grecia é un funil para decenas de millares de refuxiadas e solitantes de asilo, que continúan encalladas entre as illas e o territorio continental sen perspectivas de futuro. A maioría de organizacións non gobernamentais que traballan sobre o terreno recoñecen que a problemática é crónica, e a situación continuará igual nos próximos anos se as autoridades europeas non asumen un compromiso político para garantir o dereito de asilo e corredores humanitarios seguros ás persoas en procura de acollemento.

 

Home vello refuxiado con cadeira de rodas no campo de tendas que hai fora dorecinto de internamento de Mòria, na illa de Lesbos / Angel Ballesteros, MUZUNGU COOP

 

No campo de internamento de Moria, en Lesbos, xestionado pola policía grega con mecanismos case penitenciarios, residen perto de 5.000 persoas en condicións de reclusión e en contentores metálicos sobrelotados. Ao pé deles, fora do recinto, nun poio rodeado de oliveiras e matogais, proliferan ainda tendas onde viven como mínimo medio centenar de solicitantes de asilo.

“Non temos diñeiro nin esperanza”, din Akram i Mohammed, dous xovens sirios que levan máis dun ano encallados en Lesbos e a quen o estado grego xa denegou dúas veces a petición de acollemento. Deitados no refuxio, fuman resignados no interior da tenda despois de caer un forte temporalque deixou parte da súa estanza chea de agua. Nesta altura, o único que reciben é comida de organizacións humanitarias, e non lles resta outra alternativa que agardaren a deportación ou un destino incerto.

Fuxindo do Estado Islámico

Ao seu redor, familias de procedencia siria, iraquiana ou curda malviven nas mesmas condicións de precariedade. Bashar, FAres e Saleh, tres homes sirios, sentados sobre o tronco dunha árbore cortada, conversan encanto os seus fillos pequenos xogan á súa volta, na terra enlamada e chea de residuos. Procedentes da cidade siria de Deir Ezzor, onde viviron atrapados durante moito tempo sob o xugo do Estado Islámico (EI), fuxiron despois da queda do grupo fundamentalista e hai máis de dous meses que están encallados en Lesbos.

“A partir de agosto de 2017, despois das ofensivas á cidade iraquiana de Mossul e contra os territorios do Ei na Siria, hai un novo éxodo de xente procedente destes países que chega a Grecia. Son familias inteiras con crianzas pequenas, xente maior e persoas con moitas vulnerabilidades”, explican tontes internas da ACNUR, que lamentan que entre todas as illas gregas do Exeo ainda haxa máis de 12 persoas atrapadas, a maioría vivindo en campos de internamento sen os servizos mínimos garantidos.

Por outra banda, na Grecia continental, onde estaba prvisto fechar de inmediato os campos de refuxiados, “ainda hai 24 recintos de internamento abertos, sen perspectivas de fechar, onde viven aproximadamente unhas 15.000 persoas”, concretan na ACNUR, que considera que nestes espazos “as condicións non son idóneas, mais si son mellores que hai un ano”.

“Infelizmente, os campos de refuxiados de Grecias continuarán existindo, e nas illas seguirá habendo unha situación de emerxencia humanitaria que foi creada politicamente”, acrecentan fontes da ACNUR. Alí, “as condicións son e continuarán sendo miserábeis. A UE quer manter un estado de emerxencias nas illas para evitar que haxa máis persoas dispostas a atravesar o mar desde a Turquía”, denuncian.

Roger Guàrdia

Fonte: La Directa