Na Palestina, a resposta concrétase nunha greve xeral, mobilizacións e protestos, convocados unitariamente polas diversas forzas palestinianas, quer laicas quer confesionais, perante unha decisión “con consecuencias de longo alcance, advirten.

A greve abrangue desde o comercio até o sector educativo. Israel respondeu reforzando a presenza e control policial e militar en torno aos territorios palestinianos ocupados. Para os palestinianos, a decisión de EUA é unha afrenta insorportábel, para alén dunha violación de acordos internacionais, e un paso de cara a tentar impedir calquera posibilidade dee xistencia dun Estado palestiniano.

“A decisión é unha declaración de guerra de Estados Unidos contra o pobo palestiniano”, manifestaron desde o movemento Hamas. “Non hai paz baixo a ocupación”. Desde Al Fatah xa sinalaron que con esta decisión, Estados Unidos perde o rol de mediador, para alén de abrir as portas a un escenario de máis conflito.

Fonte: Sermos Galiza