Para elaborar o seu relatorio HRW baseouse na análise de videos e fotografias do día da votación, así como no relato das cargas policiais de testemuñas  e vítimas da violencia. Tamén analisou os informes médicos dalgunhas das persoas feridas. A ONG conclúe que a policía española e a Garda Civil fixeron uso ‘excesivo’ da forza.

‘A policía podia ter a lei da súa parte, mais iso non lle daba dereito a empregar a violencia contra manifestantes pacíficos’, explica o investigador Kartik Raj. ‘Nestes momentos de división, é particularmente importante que as autoridades respecten os dereitos humanos, incluída a liberdade de expresión e asemblea, e o ‘estado de dereito’, acrescenta. A ONG tamén fai un chamamento ao reino de España e a Catalunya a cooperaren nunha investigación internacional e independente sobre a violencia do 1-O.

Human Rights Watch lembra que o estado español é membro da Convención Europea dos Dereitos Humanos e da Convención Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, polo que está obrigado a respectar o dereito de reuión e a liberdade de expresión. Aliás, non podía facer uso excesivo da forza apesar de algunhas persoas actuaren de ‘maneira ilegal’ porque non competencia para privalas dos seus dereitos. Asi mesmo, critica o feito de os corpos policiais non teren posto en práctica o seu código ético para evitar o uso excesivo da forza.

Primeiras dez reportaxes de HRW máis lidas em 2017.

A investigación de HRW sobre o 1-O.

Fonte: Vilaweb