Un tribunal dos EUA marcou unha indemnización de catro dólares para a familia polo asasinato do pai a mans dun axente policial. O avogado da familia Hill, John Phillips, comunicou na pasada quinta feira que os seus clientes teñen ‘o corazón roto’ despois de un xurado da Florida (sueste) ter outorgado á familia e ao seu tres fillos catro dólares para os gastos funerarios e pola dor e sufrimento de perderen o pai.

A  seguir unha demanda presentada por Viola Bryant, nai da vítima, Gregory Hill, 30 anos, o xurado concluíu, despois de catro anos, que a vítima tiña o 99 % da responsabilidade da súa propia morte e o shériff do condado de St. Lucie, Ken Mascara, tiña o 1 % da responsabilidade.

O xurado indemnizou Bryant cun dólar polas despesas funerarias e un dólar a cada fillo, que teñen 7, 10 e 13 anos, en concepto de perda ‘da compañía, ensinamentos e guía do pai… a dor psicolóxica e sufrimento’, sinala o veredito.

Phillips cualificou o veredito de ‘desconcertante’ e pregúntase por que o xurado terá concedido un dólar polos 11 000 dólares de gastos funerarios e un máis para o sufrimento de cada fillo, cando simplesmente tería podido non lles dar nada.

‘Que a dor dun neno negro só valla un dólar é exactamente o problema coa difícil situación do afroestadounidense neste momento. Isto di que as vidas negras non importan’, aseverou o avogado.

O Departamento da Policía do condado de St. Lucie recibiu en 2014 unha queixa do ‘ruído’ que proviña da casa de Hill. Dous axentes policiais presentáronse no lugar. Hill abriu parcialmente a porta e fechouna despois.

O axente adxunto Christopher Newman disparou catro veces para a porta fechada. Unha das balas impactou Hill na cabeza, segundo os rexistros do tribunal e a Policía. Despois chamaron ao equipo SWAT (forzas de elite dos EUA). Os axentes de SWAT dispararon tanto gas lacrimóxeno e causaron tantos danos á casa da vítima que ninguén pode vivir nela agora, segundo denuncia a nai de Hill.

Este incidente súmase a outros asasinatos de afroamericanos desarmados perpetrados pola Policía estadounidense e que desencadearon protestas nas rúas en diferentes localidades do país contra a violencia e impunidade policial.

Fonte: Insurgente