Imputada una concejal de la CUP por acusar a los Mossos de "ejecutar" terroristas

 

No cadro dese pleno, en que o Concello de Barcelona concedeu a medalla ao mérito cívico aos Mossos e a Garda Urbana polo seu papel nos atentados do pasado mes de agosto, Rovira lamentou que non se tiveron en conta as “execucións extraxudiciais” dos terroristas e acusou a Garda Urbana de ser o brazo executor do racismo institucional.

Por mor desas afirmacións, o Sindicato de Policías de Catalunya (SPC) presentou ante a Procuradoria de Barcelona unha denuncia en que acusaba de inxurias a concelleira da CUP, ao entender que o seu único propósito era “desprestixiar o corpo de Mossos d’Esquadra” e os axentes que abateron os terroristas.

Segundo a denuncia do SPC, presentada polos avogados Javier Aranda e Sandra Melgar, as declaracións de Rovira no pleno municipal tiñan “a clara intención de inxuriar e atentar contra a dignidade da propia institución e a dos axentes actuantes nos atentados, nun momento en que, precisamente, a sociedade estaba a valorar positivamente a súa actuación nos feitos descritos”.

Ademais do SPC, na causa aberta contra Rovira comparecen a Central Sindical Independente de Funcionarios (CSIF) e o Sindicato de Axentes da Policía Local.

Fonte: eldiario.es