O Xulgado de Instrución número 10 da capital aragonesa ten aberta unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte de R. A. S., de 42 anos, acontecida o pasado 21 de agosto nun calabouzo da comisaría da Policía Nacional do Actur. O deceso teríase producido por causas naturais, mais non foi detectado até varias horas despois de rexistrarse, polo que se iniciou unha investigación. A Xefatura Superior de Policía de Aragón non quixo confirmar nin desmentir este suceso.

Os axentes descubriron que falecera cando o foron a espertar pola mañá para darlle o almorzo

R. A.S., fora arrestado por un delito común e transferido á comisaría do Actur, onde está a inspección central de garda, á espera de ser posto a disposición xudicial, Durante a tarde do domingo, solicitou ser levado ao hospital para que lle desen medicación para durmir, cousa que os axentes fixeron. Após regresaren aos calabouzos e introducirenno nunha cela con outras dúas persoas, déronlle a cea. O home comeu algo naus non chegou a terminala. Despoi adormeceu e xa non voltou acordar. Os policías descubriron que estaba morto na hora do almorzo. O corpo non presentaba signos de violencia e os seus compañeiros de cela tampouco se decataran do seu falecemento. O levantamento do cadáver produciuse sobre as 9.30.

Un deceso similar

O caso ten moitas semellanzas co de M.A.F.F., de 33 anos, morto o 6 de abril de 2016 nos mesmos calabouzos do Actur. O forense tamén determinou que o seu falecemento se producira de maneira natural, por unha patoloxía cardíaca. O rechamante foi que o deceso se produciu entre as 5.00 e as 8.00 dese día mais os axentes non se decataron até as 14.30, cando lle levaron a comida.

A familia, a través do avogado Marco Antonio Navarro, e a Asociación de Avogados Libres de Zaragoza (ALAZ) compareceron na causa aberta para esclarecer as circunstancias da morte, xa que o falecido presentaba un hematoma na fronte, que os policías atribuían a autolesións causadas ao bater cia cabeza contra unha porta.

Ler máis.