Na mañanciña da pasada segunda feira, o exército israelita detivo un adolescente que perdeu parte do cránio en decembro cando un soldado sionista lle disparou á cabeza durante un protesto contra a ocupación en Cisxordania. O rapaz, Mohammed Tamimi, de 15 anos, é un dos 10 palestinos residentes na localidade de Nabi Saleh que foron arrestados ao romper do día. A prima de Tamimi, Ahed, de 17 anos, está nun cárcere militar israelita desde decembro, cando foi grabada esbofeteando un soldado sionista no exterior da súa casa unha hora despois de Mohammed ter sido vítima do disparo.

Mohammed foi arrestado no medio da noite e levado para ser interrogado apesar de a súa situación médica ter sido amplamente recollida polos media de Israel e a súa cabeza estar ainda gravemente deformada.

 

View image on Twitter
View image on Twitter

 

Despois dunha vaga de denuncias de activistas pro dereitos humanos de Israel, Mohammed foi posto en liberdade no serán da segunda feira, segundo Gaby Lasky, avogado israelita que defenda a súa prima Ahed.

O misterio sobre as razóns que levaron Israel a inflixir tan obvio descrédito á súa propia imaxe, arrestando un rapaz con un trauma tan severo, foi resolvido na noite da segunda feira nun post no Facebook do Xeneral Yoav Mordechai, o oficial decano de Israel que supervisiona a actuación do goberno militar sobre a sociedade civil palestina na ocupada Cisxordania.  O Xeneral Mordechai revelou que durante o interrogatorio a que foi sometido Mohammed, sen presenza do pai ou da nai nin da defensa, o adolescente “confesou” que “resultou ferido ao caer da bicicleta”.

Mordechai, o xefe da Coordenación das Actividades do Goberno de Israel nos Territorios (COGAT), insistiu en que depoimentos, non refutados, de testemuñas presenciais nos media israelitas, palestinos e internacionais que afirmaban Mohammed ter caído ao chan despois de recibir un disparo na cabeza atirado por un soldado israeli eran informacións falsas (“fake news”) e acusou a familia Tamimi de practicar “unha cultura de mentiras e incitación”. Unha versión en árabe do post inclúe a captura de pantalla do laudo médico da lesión do adolescente estampado coas palabras “fake news”.

 

 

 

Captura de pantalla da páxina de Facebook da autoridade militar Israelita que goberna a sociedade civil palestina na Cisxordania ocupada.

 

“Israel arrestou un adolescente de 15 anos, ferido, en estado post-traumático, no medio da noite e obrigouno a mentir por medo a ser enviado a prisión nas condicións médicas en que se acha”, afirmou a familia Tamimi nunha  declaración feita pública.

Para desmascarar as afirmación de Israel, a familia tamén fixo públicos os laudos médicos de Mohammed, que mostran como foi sometido a intervencións cirúrxicas de urxencia para extraer a bala de goma do lado esquerdo da cabeza o día en que foi alcanzado polo proxéctil. Xornalistas israelitas publicaron tamén imaxes da tomografía CAT do cérebro de Mohammed, tomadas antes da intervención, onde se pode ver a bala incrustada no cránio, e despois sen ela.

 

 

 Abaixo a bala despois de ser extraída polo médicos e a tomografia CT de Mohammed Tamimi en que se vé a bala incrustada no cránio.
View image on Twitter
 Sarit Michaeli, activista do grupo de dereitos humanos  B’Tselem, que documenta a ocupación, partillou algúns dos laudos médicos e calificou de “orwellianas” as tentativas dos militares de negar a realidade.

 

View image on TwitterView image on Twitter
Na súa declaracion, a familia Tamimi tamén chama a atención sobre o feito de este intento de negar que Mohammed foi vítima do disparo dun soldado israelita ter aparecido despois da afirmación bizarra  doutro oficial veterano do exército de Israel, que argumentou que Ahed e os seus primos eran actores sen parentesco algún que finxían estar oprimidos por Israel.
“O que comezou cunha tentativa rebuscada de afirmar que non somos unha verdadeira familia converteuse agora na negación dunha realidade documentada”, afirma a familia Tamimi.

Despois de ser posto en liberdade, Mohammed confirmou a un reporteiro da Axencia France-Presse, joe Dyke, que dixera aos interrogadores israelitas -que o acusaban de tomar parte nos protestos de decembro, calificados por eles como “revolta violenta”- que resultara ferido na cabeza ao caer da bicicleta.

 

 

View image on Twitter
Nunha entrevista en video  co xornal israelita Haaretz grabada no mes de xaneiro, Mohammed explica que a ferida no cránio lle supón non poder ir á escola nin sair de casa durante seis meses.
.

 

No seu depoimento perante o tribunal militar en decembro, Ahed Tamimi, na altura de 16 anos, tería declarado que ela pensaba ter sido o soldado que esbofeteu o responsábel do disparo contra o seu primo. “Vin o mesmo soldado que disparou contra o meu primo, esta vez en fronte da miña casa”, testemuñou, “Non fun capaz de ficar quieta e fixen o que fixen”.

Como lembrou o columnista Gideon Levy o adolescente Mohammed pasara tres meses nunha prisión militar o pasado ano, cando tiña 14 anos, acusado de atirar pedras a un jeep do exército de Israel que se avariara perto da entrada da localidade.

Segundo Bassem Tamimi, o seu primo e pai de Ahed, organizador das manifestacións semanais de Nabi Saleh’s contra a ocupación, a saúde de Mohammed ainda é moi fráxil e está á espera dunha nova intervención cirúrxica programada para as próximas semanas.

Outro membro da familia Tamimi de Nabi Saleh, Bilal, aparece neste video durante a incursión nocturna sobre a vila. O vídeo mostra as forzas de ocupación esparexindo líquido fétido usado para dispersar multitudes.

Segundo Haggai Matar, reporteiro israelita que traballa para a revista dixital de Tel Aviv +972, o líquido, coñecido na localidade como “a doniña” é resistente aos lavados e pode deixar un cheiro fedorento nos obxectos sobre os que cae durante meses.

Como informou Haaretz , o xulgamento de Ahed Tamimi perante un tribunal militar israelita comezou na pasada semana coa decisión do xuiz de fechar as portas a xornalistas e diplomáticos.

 

 

No primeiro de decembro, dúas semanas antes de Ahed Tamimi ser arrestada, Israel mantiña en prisión 313 menores da Palestina detido/as por motivos de seguranza ou prisionera/os, segundo a asociación  B’Tselem, a ONG israelita de dereitos humanos que vixía a actuación do goberno militar sobre a sociedade civil nos territorios  ocupados.

Pola súa parte, o grupo Defense for Children International informou na pasada semana que os tribunais militares de Israel condenan en torno ao 99% de persoas palestinas detidas, embora teñan sido acusados de aceptaren o que antigos prisioneiros chaman confesións falsas feitas sob coacción.

 

O arresto e a acusación contra Ahed Tamimi, a causa da labazada que ela afirma ter sido motivada pola ira que lle produciu o disparo contra o seu primo Mohammed, provocou unha crise de relacións públicas en Israel pois foi amplamente condenada no ámbito internacional, mesmo por humoristas tan destacadas como a cómica Sarah Silverman.

Actualización: Terza Feira, Feb. 27, 5:54 a.m. EST A manchete e o texto deste artigo foron actualizados para informar do novo argumento do exército israelita, que pretende que Mohammed Tamimi non foi alcanzado por un dispara dun dos seus soldados durante a manifestación de decembro. A resposta da familia tamén foi adicionada, e o mesmo os laudos médicos.

 

Fonte: The Intercept