Segundo a organización Addameer, son 291 a/os menores da Palestina que están en cárceres sionistas. 49 ainda non fixeron os 16 anos. “A miña felicidade non está completa porque teño irmáns que permanecen en prisión”, declarou Ahed Tamimi.

Durante o pasado ano, Israel arrestou e xulgou máis de 500 menores segundo a organización Defensa das Crianzas Internacional con sede na Palestina, que considera que o caso Tamimi “non é unha excepción”.