Con efecto, o grupo tiña programado un encontro con Marwan Barghouthi, líder palestino detido desde 2002polo réxime israelí e condenado a cinco cadeas perpetuas. Tamén pensaban visitar outros presos palestinos que cumpren condena en cárceres sionistas.

“Non permitiremos que entren (nos territorios palestinos ocupados en 1967) aquelas persoas que peden activamente danar Israel, nomeadamente coa súa petición de entrevistarse e dar apoio a Marwan Barghouthi”, asegurou Erdan.
Esta é a enésima vez que o réxime israelí nega a entrada a activistas BDS, un movemento global que continúa a gañar adhesións no ámbito internacional. A campaña BDS utiliza a presión económicas e politica sobre Israel para pór fin á ocupación e á colonización das terras da Palestina.
Compre lembrar que Israel aprobou recentemente unha lei na Knesst -parlamento israelí- que permite prohibir a entrada a activistas que apoian Palestina mais, ao que parece, até agora nunca tiñan aplicado esa lei contra parlamentares do UE.

Fonte: Insurgente.