Detencion de activistas
Juan e David, na Praza do Rei lendo a copia da declaración da Policia despois da detención do primeiro deles / Miguel Núñez

 

Esta quinta-feira, Juan facía 1 ano e 3 meses acampado na Praza do Rei en defensa dos dereitos das persoas que dormen á intemperie nas rúas de Vigo. Este tempo leva agardando unha reunión co alcalde de Vigo, a escasos metros do Concello. Onte, foi detido e liberado horas despois por construír unha tenda. Unha semana antes, os policías levaron outra, alegando que que non podían ter máis de sete tendas no seu espazo, así que Juan pensou en construír unha máis grande, para así buscar a súa comodidade sen incumprir esa “norma”. Por este feito, foi detido e posteriormente liberado na pasada sexta-feira.

Así o relata David, un dos seus compañeiros: “Intentamos montar unha tenda e viu a policía dicindo que non podíamos, seguimos e xa acudiron unha ducia deles. Despois, apesar de que el se agarrou a un pau de madeira, sacárono á forza e o esposaron”.

Estivo unhas 4 horas detido, por desobediencia e resistencia pasiva: “As outras tendas non as tocaron, e seguimos adiante. El está tranquilo. Saíu con máis forza da que tiña, con ánimos renovados”.

“DESACATO Á AUTORIDADE”

Pobreza activista
Juan diante do concello/Miguel Nuñez

Pola súa banda, o Concello de Vigo emitiu un comunicado sobre o acontecido hoxe na Praza do Rei dando a súa versión. “A Policía Local procedeu este venres a impedir a instalación dunha estrutura de madeira que varias persoas pretendían construír na Praza do Rei. Ante a negativa dos participantes a obedecer as instrucións dos axentes que lles instaban a parar a obra, a Policía procedeu á detención dun deles por desacato á autoridade e ao seu traslado á Comisaría de Vigo, tal e como corresponde nestes casos”.

Juan non perde o seu optimismo nin a súa forza:”Sacáronme a golpes moitas veces, pero voltarei á praza”. Tampouco garda rancor para os policías: “Non me cabreo con eles persoalmente, sei que son traballadores e fan o que fan por traballo, teñen medo a unha sanción e fixeron un xuramento. As ordes non veñen do cidadán, veñen de quen che paga. Eu moitas veces falo con eles sen problema largo e tendido. Son simplemente a man executora, e non queren que lle resten 200 euros de soldo, como calquera“.

Non terminan nin o optimismo nin o inxenio. A súa acampada está rodeada por valos que, celebra Juan, “están ben para colgar fotos”. Como non lle deixan mover as tendas pola plaza, fixo un cofre de madeira. Con el, reivindica a súa situación e mais a dos seus compañeiros.

“ENCIMA DE POBRES, CERDOS”

O outro día, unha señora, ao saír, díxolles aquilo de “encima de pobres, cerdos”. El mantense tranquilo, aínda tras o ocorrido neste día. E resiste estoicamente tódalas embestidas: “Ti crees que me importa que me denuncien, se a roupa interior que levo non é miña?”

Mais, por suposto, non entende a súa situación: “O Concello gasta moitos máis recursos en pagar aos policías que nos vixian durante todo o día, que o que custaría un aluguer para todos os que non caben no albergue municipal”.

Miguel Nuñez

Fonte: Xornal de Vigo e Comarca