PETICIÓN EN CHANGE: INHABILITACIÓN XUÍZA CARMEN LAMELA

Isto non trata de ser ou non independentista. Non é cuestión de ser catalanista ou españolista. Isto é unha cuestión de liberdade e de Estado de Dereito: a prisión é un último recurso, é excepcional e debe ser utilizado minimamente. Un xuíz que se extralimita e utiliza o seu poder para exercelo de forma autoritaria, non é unha ameaza só para os ex consellers, é unha ameaza para toda as persoas. Non se trata de avaliar a culpabilidade ou inocencia senón dun auto inxusto e desproporcionado, que vai alén das cores políticas.

1. Non lles foi concedido tempo para elaboraren a súa defensa. Con diferenza ao Supremo, a Xuíza non lles deu tempo necesario para elaboraren a súa defensa e encarcerou rapidamente estas persoas, en menos de 24 horas.

2. Forzou a tipificación penal para sinalar que hai un suposto delito de rebelión. Houbo pistolas e militares no Parlament? Pois non. Houbo unha declaración ilegal, si, mais nin tanques, nin pistolas, nin disparos. O Dereito Penal esixe que para encarcerar debe cumprirse exactamante coa tipificación penal. Non se pode facer interpretacións amplas ou ambiguas porque está polo medio a liberdade.

3. Risco de fuga? Os ex consellers estiveron en Catalunya estes días. E doutra banda, dous dos que viaxaron a Bruxelas regresaron para declarar! Cal é o risco de fuga? Se tiña algunha dúbida sobre iso, puido aplicar outras medidas, (como si o fixo o Supremo), permitindo a vixilancia policial ou retirando os pasaportes. Hai moitas modalidades para iso.

4. Destrución de probas? Cunha medida que impedise entrar nos despachos dos ex consellers e a vixiliancia policia podería reducirse calquera dúbida de destrución de probas

Indígname que unha Xuíza poida ditar semellante auto, sen fundamento, sen rixidez xurídica, cunha velocidade inusitada, sen respectar o dereito de defensa sobre todo nun momento tan delicado para a estabilidade politica e social. O abc de calquera Facultade de Dereito sinala que a prisión é unha medida excepcional e última, mais para a Xuíza Lamela privar de liberdade parece ser a regra.

A liberdade é o máis prezado en calquera democracia. Isto non se trata de independentismo ou non, isto trátase de defender aquilo polo que loitaron homes e mulleres durante séculos. O dereito a un proceso xusto, máis aínda cando a liberdade está en xogo. Un día son outros, outro día podes ser ti.

Esta petición será entregue ao
Tribunal Supremo
CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL

Luchi Alejos Barcelona