Una foto distribuida por la ONG alemana Mission Lifeline muestra a los migrantes rescatados en aguas internacionales del Mediterráneo a bordo del buque de bandera holandesa LIFELINE, 21 de junio de 2018.Foto distribuída pola ONG alemá Mission Lifeline mostra aos migrantes rescatados en augas internacionais do Mediterráneo a bordo do buque de bandeira holandesa LIFELINE, 21 de xuño de 2018.

 

A ONG alemá Lifeline escribiu ao Goberno español na pasada sexta feira pedindo axuda ante a situación do seu barco, que está desde hai catro días no Mediterráneo Central con perto de 230 persoas a bordo despois de ser rexeitado por Malta e Italia, segundo explicou a EFE o fundador desta organización, Axel Steier. O correo electrónico, ao que tivo acceso EFE, estaba dirixido ao Ministerio de Exteriores, á Unidade de Crise e a un dos asistentes de eurodeputado socialista Juan Fernando López Aguilar e aínda non tiveron resposta, explica Steier.

 

Nesta mensaxe explicáse como foi levado a cabo o rescate e sublíñase que aínda non lle foi asignado ningún porto, e teme que se repita “unha situación similar á do Aquarius”.

“Agradecemos a España, como único Estado europeo que asume a responsabilidade nesta crise humanitaria, con todo, a longa viaxe que o Aquarius tivo que facer para chegar a Valencia (…) non pode considerarse unha opción para o Lifeline, ao ser máis pequeno”, explican.

No entanto, pedían ao Goberno español, como “único co que se pode contar neste momento”, que outorgase visados humanitarios ás 234 persoas a bordo deste barco “debido á urxencia da situación e o estado de necesidade baixo o cal as persoas foron levadas a bordo”. As primeiras informacións apuntaban a que a bordo viaxaban 224 migrantes, aínda que a ONG aínda non puido confirmar a nova cifra.

“Ademais diso, o Goberno español podería negociar a nivel bilateral con Malta o desembarco das persoas de Lifeline para o seu posterior transporte a España en avión”, instaban.

Conclúen a súa mensaxe coa esperanza de que o Goberno español “poida axudar a achar unha solución humanitaria para esta situación urxente a fin de levar esas persoas a un lugar seguro”.

A situación no barco de Lifeline comeza a ser “preocupante” xa que leva máis do triplo das persoas da súa capacidade e xa escasea a comida, aínda que na pasada sexta feira recibiu axuda das autoridades maltesas, explicou a EFE o fundador da ONG, Axel Steier.

Steier fixo un chamamento á opinión pública para que os axuden e pediu que se acheguen a augas internacionais para levar a algún migrante e alixeirar a situación do barco de Lifeline, apesar de saberen que é unha acción que pode ser considerada ilegal”. “Se os líderes europeos non achan unha solución, terán que ser os cidadáns os que protexan estas persoas”, agregou en declaracións a EFE

A situación no barco polo momento é “de calma” aínda que reiterou o seu chamamento a que “se asigne un porto inmediatamente xa que estas 234 persoas son vítimas de guerras, violacións e torturas”.

Fonte: El Diario