Resultado de imagem para 1-O cataluña policia

 

O colectivo pretende reunir o maior número posíbel de apoios de persoas do mundo do dereito (xuristas, licenciadas ou graduadas) a quen convida a asinar e sumarse á petición.

O obxectivo é denunciar os feitos acontecidos no 1º de outubro diante dos “diferentes mecanismos internacionais de protección dos Dereitos Humanos”. Tamén recollen queixas de vítimas destas vulneracións para, caso as valoren como lexítimas, actuar diante do goberno responsábel.

Aseguran que estas violación supuxeron “unha importante falencia do sistema democrático e de dereito do Estado español”, polo que demandan que se inicie unha investigación internacional independente sobre os feitos e a reacción do goberno español e as forzas de seguranza do estado.

No documento da denuncia, o colectivo de xurista enumera todos os dereitos que entenden foron vulnerados e acompañan a relación con exemplos de actuacións do goberno español antes, durante e despois do referendo que respaldan as acusacións.

 

Resultado de imagem para 1-O cataluña policia

 

A violencia policial

En primeiro lugar, salientan unha “escalada de vulneracións” dos dereitos de libre expresión, de reunión e de manifestación “por parte dos poderes públicos” desde a convocatoria do referendo. Lembran feitos como as confiscacións de cartaces e faixas, as entradas da Garda Civil a redacción de medios de comunicación, o encerramento de páxinas web, as cargas policiais e o encerramento de colexios electorais ou a ofensiva xudicial posterior.

Tamén se denuncia unha vulneración do dereito á integridade física, infrinxido -defenden- pola chegada a Catalunya de máis de 12.000 policiías para evitar a celebración do referendo, embora sexa a Generalitat quen ten competencias no mantemento da orde pública. Subliñan con especial énfase as máis de mil persoas feridas que provocou o uso de “violencia indiscriminada con bolas de goma, gases lacrimóxenos e cargas violentas” por parte da policía contra “persoas que pacificamente querían exercer o seu dereito ao voto”.

 

Resultado de imagem para jueces 1-O cataluña

O 155 e a ofensiva xudicial

A violencia policial tamén aparece como un impedimento para exercer o dereito de participación política cunha perda de 770.000 votos, segundo o relatorio. Este dereito tamén tería sido vulnerado coa disolución forzada do Parlament como medida da aplicación do artigo 155.

O último dereito a que se fai referencia é o da liberdade e ao xuiz imparcial . “Foron detectadas posíbeis actuacións arbitrarias por parte dalguns xuíces e da Fiscalía”, alerta o colectivo de xuristas. Aquí están incluídas as actuacións da Audiencia Nacional e do xulgado núm. 13 de Barcelona, que ordenou as inspeccións e as detencións do día 20 de setembro.

Afirman que, con estes procesos, foron “intimidadas, perseguidas, detidas e encarceradas persoas polo simples feito de seren sospeitosas de dar apoio ao referendo ou a independencia de Ctalunya”. As vítimas desta persecución, subliñan, son persoas particulares, activistas “que exercían os seus dereitos” e políticas “amparadas, nalgúns casos, pola prerrogativa da inviolabilidade”.

530 xuristas en 4 días

Un total de 530 xuristas aheriron en apenas catro días á denuncia internacional promovida polo Col·lectiu Praga segundo anunciaron representants do grupo na pasada terza-feira, que avanzaros que será presentada “en breve” perante diversos organismos internacionais de protección dos dereitos humanos.

Denuncia internacional en inglês,

Denuncia internacional en español

Contacto para enviar apoio: collectiupraga@gmail.com

Fonte: El Nacional