“Os vascos, regra xeral, son brandos. Tócalos un chisquiño e logo cantan”, afirmou o garda civil Manuel Pastrana durante unha entrevista en TV3. “Non vas convidar a un café un detido”, respondeu ironicmente á pregunta sobre se erea habitual mallar nas persoas detidas.

 

 

Pastrana_tv3                                                                                        Pastrana, durante a entrevista en TV3. (NAIZ.EUS)

O garda civil Manuel Pastrana participou o 31 de xuño no programa Preguntes freqüents de TV3 en que, entre outros temas, foi preguntado polo uso de torturas contra presos vascos

«Non vas convidar a un café un detido. Hai que sacarllo como se poida”, respondeu á pregunta sobre se era habitual mallar nas persoas detidas, para recoñecer a seguir que “en España si se castigou, mais non tanto como noutros países”.

“Son torturas? Pode falarse de torturas?” preguntou a presentadora. Ao que Pastrana respondeu cun contundente “obviamente”.

Sen papas na boca, o garda civil dixo que os vascos, “regra xeral, son brandos. Tócalos un chisquiño e logo cantan”.

Fonte: Naiz