Cincuenta e tres persoas, detidas nos protestos que se desenvolveron no Rif desde outubro de 2016, foron condenadas por un tribunal marroquino a penas que van de 1 a 20 anos de prisión.

 

Embajada

 

 

O activista Nasser Zefzafi, a cabeza máis visíbel dos protestos do Rif, en Marrocos, foi condenado por un tribunal marroquino a 20 anos de prisión, acusado de “conspiración co obxectivo de atentar contra a seguranza do Estado”. Outros tres líderes do movemento Hirak: Nabil Ahmjiq, Ouassim Boustati e Samir Ighid, foron condenados ás mesmas penas nunha durísima sentenza que condena todas e cada unha das 53 persoas xulgadas no proceso.

As penas son de un ano de prisión e 450 euros de multa para dous acusados e de dous anos para 19 acusados. Outras oito persoas foron condenadas a tres anos, dez a cinco anos, sete a dez anos e tres a quince anos, alén dos catro considereados líderes da revolga, condenados a 20 anos. Con esta sentenza, “o Estado fracasou no test de respecto dos dereitos humanos e as liberdades básicas, así como en independencia da xustiza”, declarou un dos avogados da defensa.

Fonte: El Salto Diario