Mamadou, da Guinea Conakry, morreu despois de sofrer varias paradas cardio-respiratorias no Hospital Comarcal de Melilla, onde pasara 20 días. Só tiña 17 anos. Soufiane faleceu 14 días despois, perdera o pé esquerdo tentando introducirse nun barco con destino a península agarrado aos baixos dun camión. Tiña esperanza de ficar nun centro de acollida até os 18 anos para poder estudar, conseguir a residencia e traballar para poder axudar economicamente a nai e os irmaos residentes en Marrocos.

 

Tres niños entran al módulo de acogida de La Purísima | N.C.

 

Ainda por esclarecer as causas das dúas mortes

Sobre as causas da morte de Mamadou, o presidente da asociación melillense Pro Derechos de la Infancia (Prodein), José Palazón, expresou algunhas dúbidas (posíbel malleira no Centro de Reforma) que a autopsia terá de esclarecer. Tampouco son por agora coñecidas as que provocaron a morte de Soufiane, o adolescente que soñaba ser rapeiro e acorrer ás necesidades da familia.

Fonte: