Hai un ano, un tribunal militar israelí anunciou que cinco menores do poboado de Hares ( Mohammed Kleib, Mohammed Suleiman, Amer Souf, Tamer Souf e Ali Shamlawi!), na Palestina ocupada, terían que pasar 15 anos en prisión.

Despois de seren forzados a asinar “confesións” e obrigados a aceptaren un “acordo” sob ameaza de seren encerrados por máis tempo se non o facían, os cinco adolescentes foron condenados a ser liberados aos 30-31 anos de idade, despois de perderen case a metade da vida nunha prisión colonial.

Hai un ano, o tribunal militar sionista xa recibira os 30.000 shekels (7.500 dólares) da familia de cada un dos mozos -un total de 150.000 shekels (37.500 dólares)- a maneira de “multa” e “compensación” á familia da muller (colona ilegal) que sufriu un accidente viario en que unha das súas fillas resultou gravemente ferida. O accidente provocou a ocupación militar de Hares e o secuestro e encarceramento dos 5 adolescentes.

Para conmemorar este tráxico aniversario, a Campaña Internacional pola Liberdade dos Mozos de Hares lanzou un libro dixital titulado: “Os Mozos de Hares: de Palestina á prisión israelí”. O libro dixital, que contén un resumo do caso, unha análise do sistema penal militar e penal sionista, un resumo da campaña de tres anos pola liberación dos adolescentes, e reflexións sobre a conexión entre as loitas contra o imperialismo e o encarceramento político en todas partes, está dirixido ás persoas de conciencia en todo o mundo.

Estudantes, activistas, políticos, traballadoras de dereitos humanos, xente nova e maiores de idade, nais, pais: convidámosvos a vis pór do lado correcto da Historia. A defender a liberdade onde quer que sexa pisada. A defender a xustiza onde quer que sexa violada e negada.

O libro dixital pode ser compartillado gratuitamente.