Polo menos unhas vinte escolas denuncian perante a Consellería de Educación de Andalucía que desde 2015 son renovados os contratos a docentes de relixión sen carga horaria lectiva. A Xunta fixo opcional do centro a redución de 90 a 45 minutos a materia de Relixión en Primaria adaptándose á LOMCE e deixando un número elevado de docentes sen traballo efectivo, aínda que continúan cobrando e asistindo á escola “sen facer nada”.

 

Rafael Catalá, José Ignacio Zoido e Iñigo Méndez de Vigo en el traslado del Santísimo Cristo de la Buena Muerte y Ánimas

 

Na escola de Infantil e Primaria Mestre Juan González, no municipio gaditano de Los Barrios, hai 2 docentes de Relixión no cadro de persoal, mais só un dá clases. A outra non ten carga horaria desde 2015, aínda que continúa asistindo regularmente ao seu posto de traballo e cobrando 1.400 euros netos ao mes. A situación desta mestra de Relixión non é isolada, repítese en polo menos outras vinte escolas andaluzas. Todos elas denunciaron por escrito xunto da Administración educativa que lles foron asignados docentes de Relixión de máis, ou que foron contratadis por máis horas das que o seu centro necesitaba para esta materia. Mais ninguén corrixiu este desfasamento en tres anos.

Esta situación repítese desde 2015, cando o Goberno de Susana Díaz reduciu o horario de Relixión en Primaria. Como consecuencia, sobraban mestres en moitas escolas. Contodo, o Ministerio continuou renovando os seus contratos os cursos seguintes e a Consellería de Educación confirmounos nas súas prazas. Cantos profesores de Relixión están nesta situación e canto custna ás arcas públicas son dúas preguntas que nin o Goberno nin a Xunta de Andalucía quixeron responder, a pesar de estaren ao tanto do problema desde o principio.

Fonte: El Diario