É o que acontece nas prisións catalás de Mais Enric (Tarragona), Ponent (Lleida) ou Puig de lles Basses (Figueres). Brians I é o único centro en Catalunya onde as mulleres están separadas en dous módulos segundo o seu comportamento ou tipo de delito.

Roubo ou estafas, principais causas de ingreso

“Os homes entran por motivos moi diferentes, por condenas longas, delitos de sangue, por drogas… e sepáranos en función do que fixeron. As mulleres, en troca, estamos todas xuntas”, di Lola despois de pasar por prisión. Ingresara por venda de droga, un delito contra a seguranza pública. O ano pasado en Catalunya 198 mulleres ingresaron por este tipo de delito. Mais non é o máis habitual.

A maioría delas, 226 mulleres, ingresaron por delitos contra o patrimonio, por exemplo furtos, roubos, estafas ou defraudacións. Ademais houbo 54 presas por homicidios. No caso dos homes, as cifras ascenden a 3.337 os delitos contra o patrimonio, 1.435 contra a saúde publica e 898 os homicidios. No que coinciden homes e mulleres é no tempo de condena de media, a maioría están entre reixas de 3 a 8 anos. O 50,5% no caso delas e o 41,5% no caso deles.

“Os cárceres están pensados e construídos para os homes. Non se teñen en conta as necesidades das mulleres”, asegura Isa. E Lola asente, ao seu lado. “Pode haber unha moza de 18 anos que entra por primeira vez con todas as demais, sexa cal for o motivo que as levou alí dentro, sexa un asasinato ou a venda de droga, está todo o mundo mesturado”, engade.

“No cárcere somos dobremente castigadas”

“A prisión é un problema social que ten un custo elevado para o que pretende reparar”, explica Encarna Bodelón, do grupo de investigación Antígona. Para ela, cando unha muller ingresa nun centro penal non o fai soa, xa que os seus fillos e as persoas que dependen dela sufrirán, porque “a maior parte das curas dependen das mulleres”.

Ante esta situación as Regras Bangkok, as regras das Nacións Unidas para o tratamento das reclusas e medidas non privativas da liberdade para as mulleres delincuentes, piden que cando a presa teña fillos se procure dar tempo á muller antes do ingreso para poder organizarse. Pon por exemplo suspender temporalmente a condena até os fillos seren maiores. Unha petición que, no caso do Reino de España, non se contempla. Estas regras tamén piden que, cando for posíbel, se interpoñan sentenzas non privativas de liberdade ás mulleres grávidas e ás mulleres que teñan crianzas ao seu cargo.

 

Dos miembros del colectivo Cassandra leyendo una carta de una presa de Brians 1

 

 

“No cárcere somos dobremente castigadas, polo delito penal mais tamén por fallar como muller, como esposa e como nai. Recálcannos constantemente que o facemos todo mal”, explica Isa. A filla de Lola tiña 10 anos cando ela entrou en prisión. “Créanse situacións moi límite, por exemplo cando botan á familia ao acabar o vis-à-vis. Que me griten a min… mais á miña familia non”.

Un estudo da Fundación SURT feito na prisión de Brians I desvelou que o 70% das mulleres presas sufriran agresións sexuais ao longo da súa vida. “Como podemos encerrar mulleres que sufriron traumas graves como unha agresión sexual? Como podemos falar de tratamento penal?” pregúntase a investigadora Bodelón ante esta situación.

Corte e confección para elas, mecánica para eles

En Brians I fanse algúns obradoiros mixtos, como o teatro. Mais a grande maioría non o son… “As mulleres faciamos perruquería, xeriatría, esteticismo, corte e confección, etc. Como muller non podes facer obradoiros considerados como masculinos, por exemplo mecánica ou construír móbeis, non te deixan”, explica Lola, ex presa neste centro penal. “Nós facemos o que eles non queren facer, como fabricar pensos, bridas ou enchufes. É o que sobra, unha miseria”, denuncia.

Esta diferenciación de obradoiros produtivos leva, segundo Encarna Bodelón, a que se “concentren os estereotipos de xénero” e que se reconduza as mulleres cara a saídas menos formativas e con menos expectativas.

Sònia Calvó

Fonte: El Diario