Para ese día, a organización Foro La Coruña contaba coa autorización da Delegación do Goberno para manifestarse sob a lema “Pola integridade territorial da patria común e indivisíbel de todos os españois, libres e iguais”, segundo difundiron nas súas redes sociais. Á mesma hora e no mesmo lugar, manifestáronse tamén máis dun centenar de persoas atrás dunha faixa coa lenda “Fascistas non, nin nas urnas nin nas rúas”. A concentración non fora comunicada á Delegación do Goberno

 

Dos agentes acompañan a una manifestante a su grupo, tras haberse acercado al de los antifascistas.

 

 

 

Muller conducida ao grupo de Foro La Coruña despois de se ter aproximado a activistas pro-referendo

 

Durante a celebración das protestas houbo tensión entre ambos os grupos, mais non se produciron incidentes. Os axentes antidisturbios optaron por formar unha barreira que separase os dous grupos durante a hora e cuarto que duraron as concentracións.

Na notificación que recibiu unha das persoas afectadas consta que a Policía Nacional a identificou por “proferir insultos” e por ser “unha dos máis activas da concentración”. Entre as frases que se dixeron esa tarde desde o grupo favorábel á celebración da consulta en Cataluña ao integrado polos seguidores de Foro La Coruña quedan recollidas na notificación coa categoría de “insultos” algunhas como: “Fóra fascistas dous nosos barrios” e “independencia”.

No escrito tamén se afirma que estas persoas realizaron “xestos ofensivos” dirixidos ás que se concentraban pola “integridade de España” como “peinetas“, que se puideron ver “en máis de dez ocasións”.

A Subdelegación do Goberno informa que estes expedientes están aínda en período de alegacións, polo que as persoas afectadas, ás que vinculan no texto da notificación coa colectivo Acción Antifascista, poden recorrer a decisión da Policía Nacional de proporlles para ser sancionados.

Gemma Malvido

Fonte: La Opinión