Os feitos remóntanse ao 24 de agosto pasado, cando a nai do donostiarra Egoi Alberdi agardaba xunto a outros achegados a saída do fillo ás portas do cárcere de Navalcarnero. Axentes policiais achegáronse á muller e pedíronlle que se identificase, argumentando que estaba a levar a cabo «unha concentración non comunicada». Ela mostrou a documentación e respondeu que simplesmente agardaban o fillo e marcharían logo que saíse.

Alberdi          A nai con amigas e amigos de Egoi diante do cárcere de Navalcarnero

 

Meu dito meu feito, cando Alberdi recuperou a liberdade fixeron as fotos do costume e colleron o coche rumo a Gipuzkoa.

Con todo, uns meses máis tarde chegou á nai carta remitida pola Delegación do Goberno español en Madrid, en que a informan de ter sido sancionada cunha multa de 100 euros por unha «infracción administrativa leve».

Egoi Alberdi permaneceu catro anos encarcerado por «pertenza a Segi», despois de ser detido no «muro popular» do Boulevard donostiarra.

Fonte: Naiz