“Non hai ninguén que vaia defender mellor a muller, non hai ninguén que vaia defender con maior profesionalidade calquera persoa que se sinta acosada que a Garda Civil”, dixo onte o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, na súa visita ao cuartel do Instituto Armado de Chipiona logo após ser cuestionado sobre o caso dunha axente que denunciou, através da Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC), acoso laboral por “por negarse a reducir” a vixilancia a unha muller maltratada na citada localidade.

 

 

No seu comparencia antes os medios, Zoido explicou que “agora mesmo” este asunto “está aberto” e estase solicitando toda a información necesaria para resolvelo e “determinar exactamente o acontecido”. O ministro insistiu en que “os axentes da Garda Civil farán unha análise pormenorizado e, cando tiveren encima da mesa todos os elementos, pronunciaranse e tomarán a decisión máis xusta e acertada”.

O máximo responsábel da carteira de Interior subliñou que a Benemérita “é un corpo que ten unha estrutura disciplinar que se rexe por uns sistemas e unha organización. Os axentes saben, mellor que ninguén, aplicar os regulamentos e, ao mesmo tempo, o Estado de Dereito”.

As declaracións de Juan Ignacio Zoido xurdiron a partir da denuncia feita pública na pasada quinta feira pola asociación AUGC sobre o caso dunha garda civil destinada en Chipiona que sofre, segundo a súa versión, “acoso laboral” despois de se ter negado a reducir a vixilancia a unha muller maltratada, “tal e como pretendían os seus superiores ante a falta de persoal”.

Fonte: insurgente