A plataforma Tanquem els CIE e o centro dos dereitos humanos Irídia, co apoio da Plataforma d’Afectats per la Hipoteca i la Crisi (PAHC) del Bages, presentaron denuncia conxunta por agresións a internos no CIE da Zona Franca de Barcelona. No escrito remitido ao xulgado de garda relatan feitos alegadamente cometidos por funcionarios públicos que poderían ser constitutivos dun delito de lesións e outro contra a integridade moral coas circunstancias agravantes de que os dous terían sido executados con abuso de superioridades, por se teren valido os denunciados da súa condición de funcionarios.

 

 

 

A participación da PAHC Bages neste caso é debida ao feito de unha das dúas persoas denunciantes ser membro da plataforma e viver xunto coa súa compañeira e a súa filla de dous anos nun dos sete blocos que a Obra Social da PAH ten ocupados en Manresa. O colectivo xa denunciou hai unhas semanas o seu ingreso no CIE como paso previo á deportación. De feito, a súa expulsión está prevista para maññá mesmo, motivo polo cal as organizacións esixen que se deteña “calquera orde de expulsión para que lle sexa tomada declaración e se abra unha investigación”.

O feitos denunciados remóntanse á pasada quinta-feira 1º de febreiro, cando segundo o escrito da denuncia “uns cantos compañeiros internos estaban no patio. Nesa altura, un dos axentes que vixiaban o patio agarrou polo pescozo un dos internos, de maneira que outros compañeiros gritaron aos axentes que agredican o noso compañeiro, como forma de protesto: “abusones, abusones”. Posteriormente, dous días despois, os dous denunciantes afirman que catro axentes da Policía Nacional española leváronnos a un cuarto “situado xunto das escaleiras que permiten acceder aos sanitarios e que non dispón de cámaras de seguranza”.

Unha vez chegados ao lugar, un dos internos tería recibido unha labazada antes de o mandar marchar, encanto o outro recluso tería sido inmobilizado polos brazos, espancado e empurrado contra a parede: “tamén lle deron pontapés nas pernas e nos pés, especialmente no pé dereito. Entretanto me agredían, un dos axentes berrou: “¿Te piensas que somos gilipollas, eh?”. O xoven relata como a seguir foi lavado novamente ao patio e decidiu ir ao médico do centro para facerse unha revisión médica. A denuncia tamén explica como a mesma mañá dous dos alegados axentes agresores visitáronno no cuarto para dicirlle: “Eres un chivato”, pedirlle perdón e tentar persuadilo para que non presentase denuncia.

 

Foto: Sergi Pujolar

 

Os denunciantes fan unha descripción dos catro axentes implicados e garanten que serían capaces de  “identificar sen dúbida ningunha os catro axentes autores dos feitos descritos previamente”.
Finalmente, os denunciantes fan unha descripción dos catro axentes implicados e garanten que serían capaces de  “identificar sen dúbida ningunha os catro axentes autores dos feitos descritos previamente”.  Ambos afirman ter sofrido danos físicos e psíquicos e critican que apesar de teren visitado o servizo médico da Cruz Vermella ubicado no interior do CIE “no non deron parte algún de asistencia médica”.
O letrado e a letrada de Irídia que asinan a denuncia peden que o xulgado leve a cabo diferentes dilixencias de investigación: que con carácter moi urxente adopte como medida cautelar para asegurar a  proba (testemuño dos denunciantes) calquera orde de expulsión até lle teren tomado declaraicón, que se emita un oficio na Área de Asuntos Internos do Corpo Nacional de Policía (CNP) co fin de identificar todos os axentes actuantes nos feitos e sexan citados a declarar en calidade de investigados, así como que lles sexa requerido con carácter urxente as imaxes gravadas polas cámaras de videovixilancia, que se encomende unha investigación aos Mossos d’Esquadra para esclarecer os feitos e que o prexudicado pola agresión descrita sexa avaliado por médico forense.

David Bou

Fonte: La Directa