Emilio Cao, o activista das Marchas da Dignidade que será xulgado na vindeira segunda feira en Madrid e para o que a fiscalía pede 5 anos e 8 meses de cárcere compareceu acompañado de Xosé Manuel Beiras, que instou o goberno de Pedro Sánchez a “levantar o Estado de excepción”.

 

beiras emilio cao

 

Esta segunda feira, 25 de xuño, será retomado no Xulgado do Penal de Madrid, o xuízo contra Emilio Cao, procesado por participar en 2014 na Marcha da Dignidade en Madrid. O xulgamento ficara adiado no pasado 18 de marzo por incomparecencia de dous axentes policiais que debían prestar testemuño. A Fiscalía pede para el para 5 anos e 8 meses de prisión “por ‘agresión e atentado á autoridade’ . O mozo carballiñés considera que este caso é unha mostra máis da “falta de democracia” no Estado español.

Emilio Cao compareceu en Compostela nesta sexta feira, acompañado de Lucía Suárez e Xosé Manuel Beiras, en nome da Plataforma `Absolución Emilio Cao`, que sumou máis de 1.000 apoios de representantes políticos e a sociedade civil en solidariedade con Cao. “Emilio Cao é unha das caras da represión de Estado, pero hai centos e miles de caso”, afirmou Lucía Suárez. Cao considera que o seu xuízo “é unha expresión máis do autoritarismo de Estado. A solidariedade cidadá é imprescindible para isto non siga sucedendo”.

Xosé Manuel Beiras, de por parte, denunciou a “violación sistemática, practicada a cotío, dos dereiros e liberdades” e dixo que o novo Goberno de Pedro Sánchez ten que “levantar o Estado de excepción” e se é preciso “proclamar unha amnistía”.
A plataforma Absolución Emilio Cao volve por auticarros de apoio

Ao igual que acontecera no pasado mes de marzo, Emilio Cao non estará só en Madrid. A plataforma que pede a súa absolución pon autocarros de balde a disposición das persoas que queiran acompañar o mozo do Carballiño.

Fonte: Praza Pública e Sermos Galiza