O Aquarius, o buque operado por Sos Mediterranée e Médicos Sen Fronteiras, navega rumbo ao norte, ao leste de Malta e o sur da Sicilia (Italia), á espera de autorización para desembarcar as 141 persoas rescatadas no pasada sexta-feira en dúas operacións en augas do Mediterráneo. De momento, continúan sen recibir o permiso de ningún goberno europeo para poder atracar en porto seguro e “o máis próximo posible”, tal e como solicitaron as organizacións este domingo.

 

La tripulación del Aquarius durante una de las operaciones de rescate el pasado viernes.

 

Italia e Malta xa mostraron, mmáis unha vez máis, o seu rexeitamento a acoller a nave de rescate. MSF denunciou en Twitter que as autoridades marítimas de ambos os países responderon que non “concederán un porto seguro para poder desembarcar” ao buque, que permanece á espera de indicacións. O ministro do Interior de Italia, o ultradereitista Matteo Salvini, xa enfatizou no pasado sábado que o barco de rescate “non verá nunca un porto italiano”.

O Aquarius tampouco recibiu o ofrecemento do Executivo español, que di que “non é o porto máis seguro porque non é o porto máis próximo segundo o establecido no dereito internacional”, segundo indicaron fontes de Moncloa. Pola súa banda, a alcaldesa accidental de Barcelona, Laia Ortiz, ofreceu este luns o porto da cidade condal para recibir ao buque de salvamento.

A Comisión Europea asegurou estar en contacto con varios Estados membros da UE e ofreceu o seu “total apoio diplomático” para resolver a situación. O Executivo comunitario, no entanto, non ofreceu pormenores sobre os países cos que a CE tratou nin sobre o desenvolvemento desas conversas.

A bordo do Aquarius viaxan 44 mulleres e 97 homes, entre eles 73 menores, dos cales dous teñen menos de cinco anos. Segundo explicou o presidente de MSF España, David Noguera, nunha entrevista en Onda Cero, os migrantes están “razoabelmente ben despois dunha experiencia vital tan traumática fuxindo dun conflito e dunha experiencia aterradora como é a de saltar ao mar na balsa”. O responsábel de MSF indicou que a tripulación dispón de víveres para “cinco ou sete días”.

 

Ver imagen en TwitterVer imagen en Twitter

 

Os ocupantes do Aquarius foron rescatados a 25 millas da costa libia en dúas operacións diferentes na pasada sexta-feira. Noguera apuntou que unha das embarcacións en que trataban de alcanzar Europa topou no mar con cinco mercantes que non as socorreron, algo que, di, anteriormente non acontecía. “Os mercantes agora están atrapados nesta dicotomía, porque teñen medo a encontrarse na mesma situación do Aquarius e non poder desembarcalos”, sinalou durante a entrevista.

Con diferenza a anteriores ocasións, os migrantes foron avistados polo Aquarius, sen que ningunha autoridade avisase previamente da súa localización, segundo informou a estes medio Médicos Sen Fronteiras. A nave tamén colaborou este domingo no rescate dunha balsa en dificuldades de cuxa presenza alertaron as autoridades libias. Unha das súas lanchas logrou localizar e repartir coletes salva-vidas, comida e auga aos ocupantes, que finalmente foron socorridos polos gardacostas italianos.

Na pasada sexta-feira 25 migrantes foron auxiliados nunha primeira operación -16 homes e 9 mulleres, unha delas grávida, procedentes de países como Bangladesh, Camerún, Ghana, Costa do Marfil, Nixeria ou Senegal. Tamén están a bordo do Aquarius os rescatados na segunda operación, 116 migrantes que viaxaban nunha barca -78 homes, 38 mulleres, unha delas grávida e 67 menores non acompañados- todas de Eritrea, Somalia, Marrocos e Exipto.

Fonte: eldiario.es