O documentario de longa-metraxe mostra unha panorámica da vulneración dos Dereitos Humanos por funcionarios públicos no Reino de España através duns trinta casos paradigmáticos e analisa o índice de impunidade deste tipo de delitos. Vítimas, avogados, xuízas, policías, analistas, persoas que traballan no ámbito dos dereitos humanos… analisan as súas causas e sinalan posíbeis vías de superación dun flaxelo que pon en causa o Estado de dereito. O filme conta coa participación de Jorge del Cura, Iñaki Rivera ou Joaquim Bosch e con actores como Willy Toledo, Isak Férriz e Gorka Lasaosa nas reconstrucións de feitos demostrados en sede xudicial.

La cifra negra

O filme gañou 16º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Donosti, inaugurou a última edición do BccN Barcelona Creative Commons Film Festival e participou na sección competitiva do Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Barcelona; ten o apoio de Amnistía Internacional e da Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura e está sendo estreado en varios cinemas de todo o Reino de España desde a pasada quinta-feira 1º de marzo.

Empatik Films leva a cabo unha campaña de crowdticketing a medio de SCREENLY para

programar a estrea de “La cifra negra” en Santiago de Compostela no próximo domingo 8 de

xullo ás 22h no Numax. Para podermos confirmar o evento teñen de prazo até o 1º de xullo para reservaren un mínimo de 32 billetes antecipados. Após a proxección do filme habería un coloquio para xerar debate co público asistente, coa participación de David Soto, profesor de dereito procesual na Universidade da Coruña e membro de EsCULcA. Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades.

Ligazón á campaña: https://screen.ly/evento/530/la-cifra-negra-numax/

Outras presentacións programadas: http://empatikfilms.com/la-cifra-negra-cines/

Web (sinopse, trailer, ficha técnica, fotogramas): http://empatikfilms.com/la-cifra-negra/

Hashtag: #LaCifraNegra

Contacto para a prensa, presentacións do documentario e visualizacións previas do mesmo:

Ales Payá

Departamento de produción de Empatik Films

Teléfono: 639970242

E-mail: info@empatikfilms.com

Descarga de Foto fija presskit : https://mega.nz/#F!uNphBRoL!0CstCsAAaxwZMWa-IW9OMg

Descarga de Fotogramas presskit: https://mega.nz/#F!Dcg0GRyZ!vCUNyAV3TtQJ-BUgBBz1Rw

Descarga cartel: https://mega.nz/#!fFRUTaab!wJKRnJwWbRWhC9UUdLOeMaDf8WT7-8Pfz2aPtwPePEk

Máis información: Numax