María (nome ficticio) voltaba da discoteca. Eran as doce da noite. Xaneiro de 2013. As súas dúas amigas colleron un taxi e ela decidiu ir camiñando a casa, a apenas uns metros. “Retivéronme uns axentes e acabei no hospital co nariz roto. Agora vexo a policía e múdame a cara”, dicía Maria en abril de 2016, despois de os tribunais españois arquivaren todas as súas denuncias, Levou o Reino de España ante o Comité contra a Tortura da Organización da ONU, asesorada pola Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA). Dous anos despois, o Estado volta dicir que non existen probas.

 

El Estado no aclara por qué una mujer terminó con la nariz rota tras ser detenida

 

 

Agora, en abril de 2018, dous anos despois, o Estado volta dicir que non existen probas dos feitos, sen esclarecer, como denuncia a APDHA, por que esta moza, que daquela tiña 33 anos, terminou sendo operada no hospital xusto despois de ser detida pola policía.

Segundo a resposta do Ministerio de Xustiza ao comité da ONU, non existen evidencias que proben que María fose golpeada. Remítese para iso a uns fotogramas das cámaras de seguranza da comisaría e ás propias resolucións dos tribunais. “O Estado non achega unha explicación nin xustificación nin sinala a realización dunha investigación de como é posíbel que unha cidadá que non presentaba lesións no momento da detención si as presentase ao finalizar a detención”, alega o avogado da APDHA que leva o caso de María, Valentín Aguilar. Sobre a ausencia de sangrado nas imaxes da comisaría, Aguilar remítese ao médico que a atendeu: “Afirma que non todos os pacientes padecen sangrado ao principio”.

María asegura que nunca sentiu máis humillación que aquela noite. “Unha vez que chegamos á comisaría tiráronme as alxemas e despiume a policía muller, quitoume o diñeiro que levaba encima e á media hora dixéronme que podía marchar, sen ningunha explicación, tratándome mal e con insultos. Pedín que me vise un médico porque me doía moito o nariz mais ninguén me escoitou. Eu mesma na porta da comisaría, desde o meu móvel, chamei ao 091 para dicir o que me pasaba e o señor que me atendeu chamou a ambulancia. Encanto agardaba, baixou un señor vestido normal, non de policía, e comezou a dicirme “filla de puta, como volva escoitar máis queixas vas ficar aquí encerrada até eu querer no calabouzo”. Chegou a ambulancia, recolleume e aí foi onde eu me sentín protexida”, continua.

A resposta do Ministerio de Xustiza tampouco esclarece, como denuncia o avogado da APDHA, por que a policía non iniciou unha investigación dos feitos do acontecido apesar de a cidadá afirmar á mesma policía ter ser agredida por axentes e por que non foi levada a un centro de saúde. “No caso de que o detido/a presente calquera lesión imputábel ou non á detención ou manifeste presentala deberá ser trasladado de forma inmediata a un centro sanitario para a súa avaliación”, defende Aguilar.

A policía atopou no bolso de María unha carteira doutra persoa. A súa non estaba. “A min si me fixeron un xuízo de faltas por furto, do que fun absolvida, mais eles non pasaron por nada”, proseguía indignada María, a quen a propia policía levou ao hospital a carteira que lle subtraeron a ela. Na súa resposta á ONU, o Ministerio de Xustiza tamén asegura que María tivo un xuízo xusto, parcial e completo.

Segundo os datos achegados pola APDHA, o Estado recoñeceu ao Comité contra a Tortura que dos 4.211 funcionarios denunciados penalmente entre 2009 e 2012, unicamente 29 acabaron condenados. “Neste caso, polo menos houbo un pouco de investigación, mais non se celebrou finalmente o xuízo. Nin sequera tiveron a pena de banco”, lamenta Aguilar, que alega igualmente que o Estado non xustifica por que a declaración da vítima e as lesións existentes non son suficientes para continuar cun procedemento xudicial completo, até a celebración dun xuízo.

A APDHA lembra a condena do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) ao Reino de España, no pasado febreiro, por trato inhumano e degradante e, por novena vez, por non investigar denuncias de torturas. “A similitude entre ambos os supostos está en que en ambos os casos as lesións están suficientemente demostradas, nunca foron negadas polo Estado e deberon producirse durante a detención (non existían á entrada e si á saída). Non é posíbel que un cidadán ileso antes da detención acabe lesionado, sen que exista ningún tipo de explicación”, asegura nunha nota de prensa a organización, que espera un fallo similar.

Fonte: La Marea