Efectivos da Garda Civil substituirán a/os folguistas de seguranza do Prat para garantir que non se formen filas a partir da próxima segunda-feira. Así o anunciou o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, após finalizar a reunión do comité de crise que tivo lugar na pasada sexta-feira en Barcelona, coa presenza do Goberno central, Aena, Eulen, a Garda Civil e a avogacía do Estado.

Segundo o anunciado, os efectivos policiais sumaranse ás liñas de control de pasaxeiros asumindo as tarefas dos traballadores e traballadoras de Eulen, que a partir do segunda-feira prevén unha greve total e indefinida. “Acordouse intensificar a presenza da Garda Civil para realizar labores de seguranza no aeroporto”, explicou o ministro De la Serna, que aclarou que “non se trataría dunha presenza ao redor dos arcos senón nas propias liñas de seguranza”. O ministro aludiu ao estado de alerta terrorista en que se acha o estado español.

Ler máis.