O masacre fixéronno en Vilabella, onde cuarenta membros da Garada Civil carregaron contra os defensores do colexio electoral. Fixéronno en Cabra de Camp, onde mallaron ainda que non levaron as urnas. Fixéronno en Garrigàs, onde feriron moitas persoas. E en Sant Martí Sesgueioles, onde cincuenta gardas civis fixeron unha chea de feridos. Fixeron un ferido grave en Sant Joan de Vilatorrada. carregaron duramente en Callús, onde, en primeiro lugar, fixeron caer o alcalde ao chan. Fixeron feridos en Castellgalí. En Fonollosa actuaron cunha violencia singular. E en Mont-roig del Camp utilizaron gases lacrimoxéneos contra a xente. En Roquetes, unha ducia de vehículos mallaron a torto e a dereito por todas as rúas da poboación e deixaron decenas de feridos. Na Tallada d’Empordà tamén. E en Sant Andreu de la Barca e en Sant Esteve Sesrovires. No Hospitalet de Llobregat, enviaron xente ferida aos centros sanitarios e en Barcelona deron pancadas por toda a cidade, como bestias descontroladas; inutilizaron un ollo a un veciño e feriron centenares de persoas que só querían votar. Na Escola Mediterrània e na Escola Tibidabo. No IES Joan Fuster e na Escola Ramon Llull. No Instituto Jaume Balmes e no Col·legi Dolors Montserrat… En Sarral apareceron sesenta gardas civis para mallar na xente -nunha localidade de mil quiñentos habitantes. Veinte furgonetas esnaquizaron o polideportivo de Sant Julià de Ramis cunha furia que retransmitiron todas as televisións do mundo. En Aiguaviva utilizaron gases lacrimoxéneos encanto berraban “Viva España!”. En Girona atacaron oito colexios electorais cunha violencia fora de control. Especialmente no Colexio Verd. En Dosrius feriron o alcalde cando tentaba defender os seus veciños. En Sant Cebrià de Vallalta e Sant Iscle exhibiron a cólero por non ter encontrado as urnas. En Sant Carles de la Ràpita actuaron rabiosos e deixaron cuarenta e cinco feridos. Mesmo tentaron atropelar xente cos vehículos. En Menàrguens causaron unha decena de feridos sen poder levar as urnas. En Ponts vinte dotacións da Garda Civil atacaron un pobo de dous mil habitantes. En Móra la Nova apareceron máis de 150 policías que actuaron con extrema dureza, e cinco axentes esmagaron unha pobre rapariga que estaba no chan indefensa. En Alcarràs cincuenta axentes con escudos atacaron violentamente a populación. En Lleida mallaron por toda a cidade adiante, mesmo nun home que tivo un ataque de corazón. En Renau arrastraron os veciños que defendían as urnas, de un en un. Cincuenta vehículos da Garda Civil , cincuenta, atacaron Vila-seca. En Tarragona a policía española feriu veciños no Instituto Campclar e no IES Tarragona, nos Serveis Territorials d’Urbanisme e no IES Comte de Rius. En Sabadell dispararon bolas -prohibidas- de goma encanto batían con dureza desmesurada. en Castellbisbal, cando marcharon, había once feridos. En Campins destrozaron todo despois de comprobar que non sabían sair porque a xente trocara os sinais…
Segundo os dados reunidos, con todo tipo de testemuños, por Carmina Altesa, as tropas españolas fixeron 109 cargas no primeiro de outubro. Segundo as cifras oficiais do goberno, nas 21:00 do mesmo día había 844 feridos de consideración, dous dos cales graves. O masacre ordenouno o goberno español e executáronno os seus corpos de seguranza. E non compria esperar nada peor. Punto final.
Fonte: VilaWeb