Segundo informa a axencia de noticias  Al-Quds Al-Arabi, avións non tripulados de Israel (drones) contaminan os produtos agrícolas con substancias tóxicas no leste da Faixa de Gaza. A escusa do réxime sionista para usar estes químicos céntrase en que o uso de herbicidas ten como finalidade axudar os agricultores da rexión a melloraren os seus produtos. A axencia adverte das consecuencias negativas que o emprego destas substancias, entre elas Diuron, ten para a saúde dos gazatís.

A fonte acrecenta que os campos agrícolas palestinos, ubicados nas inmediacións dos postos de control do réxime israelita na fronteira co enclave costeiro, están contaminados.

Os produtores locais afirman que os militares sionistas usan toxinas para eliminar a vexetación co fin de teren unha vista panorámica da  barreira de separación, mais via de regra espallan os herbicidas a decenas de metros danando as terras dos agricultores palestinos.

Un dos directores do Ministerio de Agricultura de Gaza, Wal Sabet, afirma que o réxime ocupante non tomou ningunha medida para salvagardar a vidas da populación e di que case o 30 por cento das terras agrícolas da Faixa están en áreas expostas ao polución venenosa do réxime de Israel.

A Faixa de Gaza, bloqueada por Israel desde 2007, está á beira ‘dun afundamento total’ polas políticas expansionistas dese réxime. O enclave sofreu tres invasións israelitas, razón pola cal vive esmagada pola pobreza, o desemprego, as penurias económicas, a falta de auga e electricidade, entre outros.

Actualmente, os hospitais da Faixa reciben máis doentes con problemas relacionadas coa contaminación acuífera. O motivo: as persoas teñen que beber auga cada vez máis salgada.

Fonte: Insurgente