A recente polémica sobre a manifesta parcialidade da Policia Local da Coruña na aplicación da Ordenanza Municipal de Residuos e Limpeza Viaria, procedendo a eliminar prontamente pintadas críticas con actuacións da Alcaldía e deixando sen limpar o resto, é bon momento para lembrar que desde hai anos axentes deste corpo policial veñen aplicando esta norma de xeito enviesado, quer sexa para criminalizar a pobreza, quer para sancionar a expresión de opinións politicas.

 

Borrado exprés. Esta pintada, dirigida contra la concejala de Seguridade, Rocío Fraga, estaba en Puerta de Aires, en la Ciudad Vieja, y fue borrada la semana pasada, poco después de que apareciese

 

Por procurar no lixo

No ano 2015 EsCULcA rexistrou queixa na oficina do Valedor do Pobo e escrito no Concello da Coruña sobre a actuación da Policía Local desta cidade contra as persoas que recollen comida e outros obxectos nos colectores do lixo, ás que se abría expediente sancionador ao abrigo da Ordenanza Municipal de Residuos e Limpeza Viaria (art. 112.3 c), unha medida que EsCULcA entendía criminalizaba a pobreza e sospeitaba era aplicada pola Policía Local con viés xenófobo. Ao concello pedíase tamén a derrogación da norma.

Por pintar nun muro sen valor patrimonial

En decembro dese mesmo ano, 2015, a concelleira delegada de Medio Ambiente do Concello da Coruña, María García, que actuaba “por delegación da Xunta de Goberno Local”, notificou a 4 mozos que pintaran un mural en apoio do pobo palestino nunha parede da cidade sen valor patrimonial algún a abertura de expediente sancionador por “presunta infracción do artigo 74 da Ordenanza Municipal de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Viaria deste Concello”.

Por colar unha faixa de papel nunha parede ateigada de propaganda

Dous anos máis tarde, en 2017, foi a vez de dous membros do C.S. Gomes Gaioso. Retidos por axentes da Polícia Local por colarem umha faixa de papel em apoio à independência de Catalunya nunha parede da Rúa da Torre utilizada por colectivos e entidades públicas e privadas precisamente para este tipo de propaganda, foron despois sancionados con multas de 400€ cada un por incumprimento da normativa “medioambiental”

 

Calle Amargura. La pintada contra la Marea fue borrada del muro que esta al lado derecho de la imagen, pero se dejaron el resto de los grafitis que habiá en la fachada.