No pasado mes de abril, o rapeiro de Sabadell Ellgio recibía a sentenza da Audiencia Nacional española que o condena a dous anos e un dia de prisión por enaltecemento de terrorismo, alén dunha sanción de 4.800 euros e unha inhabilitación de nove anos. Unha resolución que quemou  e así o divulgou através das redes sociais. Agora volta denunciar o seu caso coa publicación dun videoclip : “Riesgo Abstracto“.
Un título que non é casual, xa que a Audiencia nacional así o intitulou polas letras das cancións. O videoclip está grabado, basicamente, en escenarios da cidade de Sabadell Sud, o bairro de Gràcia e no mural feito por Werens en Can Feu, entre outros lugares. Tamén aparece pondo un auto-colane, que lembra tempos pretéritos: “Estilo Bustos, non obrigado”.

Elgio recorreu a sentenza no Tribunal Supremo, co cal o seu ingreso en prisión, por agora, ficou adiado algunhas semanas ou meses. Un calendario de difícil prognóstico, tal como xa avisou o artista.

Fonte: Nació Digital